Festa Nacional de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|right|300px|Ofrenda floral en [[Zaragoza á Virxe do Pilar -Patrona de Aragón- o Día da Hispanidade de 2004.]]A '''Festa Nacional de..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2009 ás 20:47

A Festa Nacional de España ou Día da Hispanidade (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Fiesta Nacional de España, en galego; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español. A celebración ten lugar cada 12 de outubro, onde se celebra un desfile militar na Praza de Colón de Madrid no que asisten A súa Maxestade o Rei xunto á Familia Real e os representantes máis importantes de todos os poderes do Estado, ademais da maioría dos presidentes das autonomías españolas.

Ofrenda floral en Zaragoza á Virxe do Pilar -Patrona de Aragón- o Día da Hispanidade de 2004.

O Descubrimento de América en 1492 foi transcendental para o país iniciando un período de imposición lingüística e cultural en América. Todo iso ocorreu nunha época onde estaba finalizando o proceso de construción do Estado actual, coa integración dos diferentes reinos peninsulares nun único reino.

Coa chegada de Cristobal Colón a América haberá un período de conquistas as cales darán froito ao nacemento do Imperio Español, imperio que duraría desde o ano 1492 ata o ano 1898.