Epifanía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "300px|thumb|''Epifanía'' (cara 1589), de [[Roland de Mois.]]A '''Epifanía''' (por etimoloxía do grego: ''επιφά..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2009 ás 20:36

A Epifanía (por etimoloxía do grego: επιφάνεια que significa: "manifestación; un fenómeno milagroso") é unha festa relixiosa cristiá na que Jesús toma unha presenza humana na terra, é dicir Jesús dáse a coñecer".

Epifanía (cara 1589), de Roland de Mois.

O termo Epifanía é utilizado, segundo Giacomo Cannobio, nos Setenta para traducir o concepto de "gloria de Deus" que indica as pegadas do seu paso ou, máis simplemente a súa presenza. No Novo testamento, nas cartas paulinas tardías, refírese á entrada de Cristo no mundo, presentada como a do emperador que vén tomar posesión do seu reino (latín: adventus, de aí o tempo de Advento como preparación ao Nadal). A partir deste significado, o termo usouse en Oriente para indicar a manifestación de Cristo na carne e a continuación, a partir do século IX, para designar a festa da revelación de Jesús ao mundo pagán. Esta é a festa que se segue celebrando o día 6 de xaneiro.

Na narración da Biblia Jesús deuse a coñecer a diferentes persoas e en diferentes momentos, pero o mundo cristián celebra como epifanías tres eventos, a saber: A Epifanía ante os Reyes Meigos (tal e como se relata en Mateo 2, 1-12) e que é celebrada o día 6 de xaneiro de cada ano. A Epifanía a San Juan Bautista no Jordán. E a Epifanía aos seus discípulos e comezo da súa vida pública co milagre en Caná no que inicia a súa actuación pública.

En realidade a festa de epifanía que máis se celebra é a que corresponde ao día 6 de xaneiro de cada ano na que os tres reis meigos, segundo a tradición (nas traducións de Biblias protestantes, e xa actualmente nas últimas traducións das biblias católicas, elaboradas en colaboración ecuménica e interconfesional, menciónase o adxectivo sabios) denominados: Gaspar, Melchor e Baltasar que aparecen do oriente para adorar a primeira manifestación de Jesús como neno ofrecendo tres agasallos simbólicos: ouro, incenso e mirra. En realidade, a Biblia non fala do número dos magos, ou sabios, nin tampouco dos seus nomes. foi a tradición posterior a que identificou o seu número e nomes.