Motril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Motril''' é unha cidade española situada no extremo sur da provincia andaluza de Granada, cerca do mar Mediterráneo. Mot..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2009 ás 15:29

Motril é unha cidade española situada no extremo sur da provincia andaluza de Granada, cerca do mar Mediterráneo. Motril é a capital da comarca da Costa Tropical de Granada.

Está situado preto da desembocadura do río Guadalfeo.

Recibe os títulos de "Moi Nobre e Leal Cidade de Motril", que aparecen no escudo municipal.

Xeografía

Limita ao norte co municipio de Vélez de Benaudalla e Lújar, ao leste con Gualchos, ao oeste con Salobreña e ao sur co Mar de Alborán (Mar Mediterráneo). Situado dominando a veiga do seu nome, na que o principal cultivo é o chirimoyo e o aguacate (tamén se produce mango, guayaba, plátano e outros froitos subtropicales) así como o cultivo en invernadoiro e a cana de azucre (aínda que o ano 2006 foi o último no que se procedeu á recolección e produción de azucre, habendo pechado a única fábrica azucreira que quedaba en España e no resto de Europa). É a saída ao mar da provincia de Granada. A súa posición xeográfica convértea nun centro industrial e comercial (fabricación de papel). O Porto de Motril é, á vez, porto comercial e de pesca. Tendo tamén un porto deportivo (Real Club Náutico de Motril) como porto de recreo.