Patria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Novo artigo
 
Sen resumo de edición
Liña 7:
==Historia==
 
O vocábulo "Patria" remóntanos á [[Antiga Roma Antiga|cultura romana]]. A patria, terra dos [[devanceiros]]s ou pais, tiña unha orixe [[Mito|mítico]]. Era unha doazón dos [[Deus|deuses]]. Sen embargo, o seu sentido principal non estivo relacionado nin á terra especificamente nin a priori, e coas novas conquistas romanas a patria foise estendendo.
 
No terreo físico que comprendía existía unha [[comunidade]], termino este que implica unha común unidade, en particular, unidade para o fin ao que se tende, establecéndose desta maneira unha relación dese concepto co cultural. A unidade no [[imperio]] estaba dada primeiro polo [[idioma]] común e logo por outras características culturais. A decadencia romana viu coa perda dos antigos costumes, os [[mores maiorum]], que se recuperan coa chegada a [[Roma]] de Octavio como [[Imperator]], de aí que fose chamase Augusto. Co relatado pódese apreciar o sentido real do vocábulo Patria. Logo cabe desenvolver o seu nexo co vocábulo [[nación]].