Xulio Formoso: Diferenzas entre revisións

compositor venezolano
Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Xulio Formoso''' (1949, Vigo) é un cantautor galego-venezolano que practicou a canción de intervención social. Apesar de ter feito temas en galego, a maior parte da..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2009 ás 02:56

Xulio Formoso (1949, Vigo) é un cantautor galego-venezolano que practicou a canción de intervención social. Apesar de ter feito temas en galego, a maior parte da súa traxectoria desenvolveuse en Latinoamérica, sinaladamente en Venezuela.

Fillo do xornalista Julio Formoso, trasládase xunto coa súa familia a Venezuela no ano 1965, país onde remata os seus estudos de secundaria e que xa non abandonará máis que en breves estadías. O seu debut na música prodúcese co LP recompilatorio Galicia canta no ano 1970, producido en Caracas coa participación, entre outros, de Farruco Sesto Novás e Celso Emilio Ferreiro. Apesar de compartir o traballo con outros cantautores galegos, o seu protagonismo no mesmo é especial, xa que se lle adica toda cara b do disco, con seis temas. O LP considérase o seu primeiro traballo, e tamén será o único integramente en galego, lingua que non abandonará no seu traballo musical, pero que pasará a un lugar secundario en prol do español.

No ano 1971 entra no grupo teatral Rajatabla, para o que comporá distintos traballos musicais, como Tu país está feliz (1971) e o musical Venezuela tuya ([1972]]) de Luis Britto. No mesmo 1972 e con letras de Farruco Sesto Novás, saca o seu primeiro traballo persoal, titulado Julio Formoso. No ano seguinte, viaxa por toda Latinoamérica, feito que lle inspira o disco Chipi Manahuac, con claras influencias andinas, pero no que aparecen tamén cancións con letra de Celso Emilio Ferreiro. Consegue saír de Chile pouco antes do golpe de estado de Pinochet, deixando inconclusa unha gravación inspirada na cultura chilena. Tamén crea, a música para Jesucristo astronauta, unha obra do brasileiro Antonio Miranda que será representada tamén por Rajatabla.

No 1974 fai a súa primeira incursión na música infantil, participando da obra de María Elena Walsh, El elefante cansado. Ese mesmo ano grava o disco La canción que va conmigo, título inspirado por un verso de Celso Emilio Ferreiro, do que tamén aparecen poemas musicados. Os politización da súa música intesifícase, e tamén os seus problemas. É expulsado da República Dominicana despois dun recital nunha cadea, e á volta descubre que existe un veto non explicitado contra el nos medios de comunicación de Venezuela. Decide integrarse na campaña do Partido Socialista Venezolano, na que colabora como músico.

Os seguintes anos son intensos. En 1976 aparece o seu traballo Guillén del son entero, inspirado na obra do poeta Nicolás Guillén e de clara influencia cubana. Tamén participa como músico e como actor na obra El séptimo ángel de Ernesto Cardenal e nun programa para a televisión venezolana baseado en Celso Emilio Ferreiro e o seu poemario Longa noite de pedra. No 1977 serán tres traballos os que vexan a luz: Levántate, Rosalía, inspirado na obra do poeta Aquiles Nazoa; Soles y centauros, ambientado na conquista de México por Hernán Cortés; e Chile, fuego y poesía, un traballo na honra da resistencia antifascista chilena.

No ano 1979 aparece Amantes de ningún lugar, en colaboración con Farruco Sesto Novás, o seu último traballo desta primeira etapa. Nese mesmo ano, e tras varios cambios de vocación, pasa a cursar a carreira de Enxeñería Civil na Universidade de Caracas, abandonando progresivamente a súa actividade musical e pasando a desenvolver o seu traballo no campo da Enxeñería de Sistemas.

Ligazóns externas

Xulio Formoso en Venciclopedia

Xulio Formoso na páxina de Antonio Miranda