Ad hoc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
corrixo
PepedoCouto (conversa | contribucións)
engado ligazóns
Liña 1:
'''Ad hoc''' é unha locución [[latín|latina]] que significa literalmente «para isto», formada de preposición máis [[acusativo]] singular neutro do [[demostrativo]] ''hic, haec, hoc''. Xeralmente refírese a unha solución elaborada especificamente para un problema ou fin preciso, e polo tanto, non é xeneralizable nin utilizable para outros propósitos. Úsase, pois, para referirse a algo que é adecuado só para un determinado fin. En senso amplo, ''ad hoc'' pode traducirse como «específico» ou «especificamente».
Exemplo: “Para alumnos que desexen cursar Fotografía, o colexio habilitou unha clase con todo o material ''ad hoc''.
 
Liña 18:
== Uso en telecomunicacións e informática ==
 
En redes de comunicación, esta expresión fai referencia a unha rede (especialmente sen fíos) na que non hai un nó central, senón que todos os ordenadores están en igualdade de condicións. ''Ad hoc'' é o modo máis sinxelo para o armado dunha rede. Só se necesita contar con 2 placas ou tarxetas de [[rede se fíos]] (da mesma tecnoloxía). Unha vez instaladas nos [[PC]] utilízase o [[software]] de configuración do fabricante para configuralas no modo ''ad hoc'', definindo o identificador común que utilizarán (SSID). Este modo é recomendable só en caso de que necesitemos unha comunicación entre non máis de dous dispositivos. Son por exemplo redes ''ad hoc'' as que se crean de forma espontánea, sen unha infraestrutura específica e funcionando nun espacio e tempo limitados.
 
O termo tamén se utiliza en [[informática]] para referirse a consultas en bases de datos ''ad hoc querying'' ou ''ad hoc reporting''. Isto implica que o sistema permite ao usuario personalizar unha consulta en tempo real, en vez de estar atado ás consultas predeseñadas para informes. Xeralmente as consultas ''ad hoc'' permiten aos usuarios con pouca experiencia en SQL ter o mesmo acceso á información da base de datos, para isto os sistemas que soportan ''ad hoc'' posúen GUIs para xeneralas.
 
== Uso en medicina ==