Furia Athlétic Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{en uso}}
Liña 1:
{{en uso}}
O ''Furia'', con nome completo ''Furia Athlétic Club'', é un equipo de [[fútbol]] fundado na caseta anexa a eirexeda parroquialparroquia de Santa Cristina de Campaña, sendo un dos primeiros socios o cura-párroco D.Manuel Míguez, por un grupo de amigos de varias parroquias do concello de Valga o 20 de abril de 1996.
 
Comezou a súa andaina federada na temporada 1996/1997 cun equipo de modestos,un de infantís e outro de alevíns. O primeiro presidente foi Roxelio Losas Martínez, ''O Asturiano'', de Campaña, que cumpriu a súa labor durante catro anos. Do 2000/01 ó 2002/03 estivo de presidenta Mila Bouzón Castroagudín, a de ''Lusita de Chaves'', de Cordeiro, a cal deixo o club con seis quipos: modestos, xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns. O seguinte presidente, no período 2003/2009, foi Antonio Martínez Vázquez, ''Toño Carou'', co cal xa se afianzan os sete equipos actuais:modestos, xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns e a xoia da coroa: o equipo feminino.