Diferenzas entre revisións de «Nen@s da Revolta»

arranxiños
(arranxiños)
}}'''Nen@s da Revolta''' (apesar da arroba frecuentemente pronunciado '''Nenas da Revolta''', en feminino), foron un grupo galego formado a comezos da década dos noventa na cidade de [[Vigo]] no contorno do Centro Social Ocupado Ruela. Nos seus comezos, con só tres membros, o grupo segue un estilo máis vencellado ao [[hardcore]], porén tras un parón de tres anos e coa incorporación de novos membros, experimentan unha evolución moi rápida cara á música de mestizaxe, abríndose a múltiples influencias que van dos sons latinos e caribeños á música popular galega ou o [[hip hop]].
 
O lanzamento do seu primeiro álbum en [[1998]] ''Raggaliza dissidente + A Revolta d@s Nen@s'' recolle, como evidencia o dobre título, as dúas facetas do que até entón fora o grupo. Xunto a nove temas marcados polas influencias caribeñas, aparecen outros seis da primeira etapa da banda. O traballo é editado polo selo [[Sons de Luita]]. Seguirao ''As vozes roubadas'', de [[2000]], co selo [[Boa Music]], cunha produción e un acabado moito máis profesional, no que o grupo afirma xa a súa vocación de facer música mestiza. Ese mesmo ano un dos temas dese álbum (''"Rebeliom na granja''") será escollido para o recompilatorio ''Radical Mestizo Dos Punto Mil'', do selo [[Revelde Discos]], onde comparten protagonismo con figuras internacionais como [[Fermin Muguruza]], [[Hechos contra el decoro]], [[Manu Chao]], [[Orichas]] ou [[Os Diplomáticos de Monte-Alto]].
 
As letras dos dous álbumes evidencian os múltiples compromisos políticos do grupo, tocando temas como a situación da [[Galiza]] baixo os gobernos de [[Manuel Fraga]], a situación das persoas presas, a liberdade sexual, a liberación animal, ou a loita [[feminismo|feminista]], explicitada na arroba que figura no nome do grupo. Ao mesmo tempo, como unha opción ideolóxica máis, o grupo presentou todos os seus títulos e letras en [[reintegracionismo|galego reintegrado]].
 
O legado do grupo na música galega pode rastrearse en proxectos como [[A Matraca Perversa]] ou [[Galegoz]], nos que participou algún dos seus membros.
 
 
==Discografía==
 
*''Raggaliza dissidente + A Revolta d@s Nen@s'' ([[Sons de Luita]], [[1998]]). Reúne dous traballos nun único disco.
*''As vozes roubadas'' ([[Boa Music]], [[2000]]).
 
==Presenza en recompilatorios==
==Recompilatorios==
 
*''Radical Mestizo Dos Punto Mil'' ([[Revelde Discos]], [[2000]])
128.472

edicións