Miro Casabella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Ramiro Cecilio Casabella López ([[Ferreira do Valadouro]], [[30 de agosto]] de [[1946]]). É un músico galego vencellado nos seus inicios ao colectivo [[Voces Ceibes]] e máis adiante ao grupo de [[folc]] [[DOA (grupo musical)|DOA]].
 
Tras cursar estudos en [[Ferreira do Valadouro]] e [[Lugo]], Miro emigra a Barcelona en [[1964]], cidade onde rematará o bacharelato e estudará na Escola de Arquitectos Técnicos. Aínda que o seu interese pola música é temperán, a experiencia catalana pono en relación co movemento da [[Nova Cançó]], que o marcará profundamente. O seu debut musical acontece no ano [[1967]] nesa cidade, acompañando a cantantes da [[Nova Cançó]] Catalana. Será tamén en [[Cataluña]] onde grava os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta:'' Miro canta as suas cancións'' e ''Miro canta Cantigas de Escarnho e Mal Dizer''. Ambos os dous traballos son EP's de catro cancións. O seu contacto co grupo [[Voces Ceibes]] terá lugar a mediados do ano [[1968]], cando [[Benedicto]] e [[Xerardo Moscoso]] acudan á capital catalana para gravar os seus primeiros traballos. Miro integrase no colectivo e chega a participar do seu concerto fundacional en [[Compostela]], o [[1 de decembro]] dese mesmo ano. Porén, o feito de continuar vivindo en Barcelona afástao da maior parte das súas actividades, sendo a longo prazo, un dos factores da disolución do mesmo<ref>''Voces Ceibes''; Autor: Vicente Araguas; Editorial: Xerais, 1991.</ref>. No ano 1969 coñece en Barcelona a [[Paco Ibáñez]], con quen terá unha longa amizade e ao que acompañará durante os seguintes anos en xiras polo [[Francia|Estado francés|Francia]]. En París coñecerá tamén ao cantor portugués exiliado [[Luís Cília]] con quen, nos seguintes anos, tocará na [[Galiza]] e no resto do [[España|Estado español]].
 
No ano [[1970]] participa no I [[Festival da Canción Ibérica]], xunto con [[Paco Ibáñez]], [[Luís Cília]], [[Xavier Ribalta]], e [[José Afonso]]. Tamén nese mesmo ano toca en [[París]] na Festa da Humanité, a festa do [[Partido Comunista de Francia]], onde actuarán tamén figuras como [[Georges Moustaki]], [[Paco Ibáñez]] ou [[Joan Baez]].