Ponte Vella de Lugo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traslado artigo creado por User:Atobar
m algunhas ligazóns internas, cómpre engadir unha categoría
Liña 1:
[[Imaxe:Ponte romana de Lugo.jpg|250px|right|thumb|Ponte Vella ou Romana sobre o Miño, na cidade de Lugo]]
A '''ponte romana de Lugo''' (con 104 m. de lonxitude e 4 m. de largura) cruza o [[Ríorío Miño]] ao seu paso polo suroeste da cidade [[Lugo]], unindo a Calzada da Ponte coa estrada vella de Santiago, vertebrando esta última o barrio lugués de San Lázaro. Fica entre medias da Ponte Nova, que enlaza a capital da provincia coa estrada N-540, e o Balneariobalneario de augas termais, que data asimesmo da época da romanización.
 
Trátase dunha estrutura feita a base de pedra e lousa, e máis recentemente se lle teñen engadidas unhas pasarelas metálicas. O firme está asfaltado e permite o paso de vehículos ininterrumpidamente, agás os vehículos pesados, que non teñen autorizado o paso.
Liña 8:
== Historia da Ponte Romana de Lugo ==
 
Trátase dunha ponte deseñada e construída na época da [[romanización de Galicia]], que se valeu da vía número XIX do Itinerario de Antonino, comunicando [[Lucus Augusti]] con Bracara Augusta (a actual [[Braga]]) pasando por Iria Flavia (a actual vila de [[Padrón]]). A razón da súa construción é sinxela: a necesidade de cruzar o [[río Miño]].
 
Séculos máis tarde, na [[Baixa Idade Media]], sufriría restauracións de certa relevancia debido por unha banda ao mal estado en que se atopaba e pola outra ás novas necesidades de transporte da época.
Chegada a [[Idade Moderna]], novamente houbo que facer reparacións para, finalmente, en 1893 foi modificar definitivamente o seu aspecto, ao sérenallesérenlle suprimidos varios elementos. Porén, os fundamentos da ponte actual, chamada ''vella'' ou ''romana'', son en boa parte os orixinais.
 
== Percorrido da cidade de Lugo até a Ponte Romana ==
 
A Calzada da Ponte que baixa desde a Porta Miñá ou Porta do Carme (unha das dez portas da [[Muralla de Lugo|muralla]], que é ademais unha das cinco orixinais e a que mellor se conserva) até a ponte vella forma parte do [[Camiño Primitivo]] de peregrinación a [[Santiago de Compostela]]. Aquí comeza tamén a ruta de sendeirismo "As ribeiras altas, Miño arriba", coñecida popularmente co nome de ''Paseo da Ponte Vella'', unha ruta de máis de once quilómetros que transcurre por ambas beiras do río, en dirección a vella fábrica da luz.
 
 
== Ligazóns externas ==
Liña 21:
* [http://www.lugoaccesible.net/index.php?option=com_content&task=view&id=4&Itemid=13 Lugo Accesible. Páxina informativa sobre a ponte, as súas rutas e os seus accesos]
* [http://www.lugoturismo.com/quevisitar/cultural/?pag=ponteromana Portal de Turismo de Lugo. Contén diversas fotografías]
 
{{sencat}}