Santoral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Lameiro (conversa | contribucións)
engado fotografía
Liña 1:
[[Ficheiro:Ourense San Martiño.jpg|thumb|250px|San Martiño, patrón de Ourense]]
O '''santoral''' é a listaxe dos santos admitidos por unha confesión [[relixión|relixiosa]], principalmente falando das [[cristianismo|cristiás]], estensible tamén ó [[calendario]] [[liturgia|litúrxico]] no que se indica a data na que se celebra a festividade en honor dun [[santo]] ou otra figura relixiosa. O calendario actualmente usado pola [[Igrexa Católica]] é unha versión modificada do costume [[paleocristianismo|paleocristián]] de conmemorar a morte dos [[mártir]]es no seu aniversario. Coa continua [[canonización]] de crentes ó longo dos séculos, tódolos días do ano se conmemora polo menos a algún santo. Isto faise non só coa morte dos mártires: hoxendía tamén se lembra a data da morte natural dos santos (os antigamente chamados ''[[confesor]]es'', en contraposición ós ''testemuños'' ou ''μαρτυρες—''), que tamén son incluídos no calendario xunto con festividades coma a [[Pascua]], o [[Pentecostés]] ou a [[Epifanía]], relacionadas con eventos da vida de [[Xesús]] e a historia eclesiástica.