Conditio sine qua non: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Conditio sine qua non''' ( ou '''condicio sine qua non''' ) é unha [[locución latina]] orixinalmente utilizada como termo legal e que significa "condición sen a cal non". Refírese a unha acción, condición, ou elemento imprescindible e esencial.
En tempos recentes pasou dun uso meramente legal a un uso máis xeral en moitos idiomas: [[inglés]], [[alemán]], [[francés]], [[italiano]], etc. En [[latín]] tardío, que é como se acuñou a locución, a fórmula emprega ''conditio'', pero actualmente a frase atópase ás veces coa palabra ''condicio'', que é a forma do latín clásico ( en latín clásico, conditio só tiña o sentido de "fundación", coa mesma orixe etimolóxica que a locución ''ab urbe condita'', que se traduce como "dende a fundación da cidade" ). A frase utilízase tamén en [[economía]], [[filosofía]] e [[medicina]].