Diferenzas entre revisións de «Escrita»

m (Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:')
Os medios inmediatamente anteriores á escrita consistiron no que o arqueólogos denominan ''[[bula]]s'', pequenas bolas de [[arxila]] marcadas por fora con selos cilíndricos e con fichas, tamén de arxila, no interior. Estas fichas teñen formas diferentes e probabelmente representan unhas numerais (1, 10 ou 60) e outras bens típicos da cultura mesopotámica, como cabezas de gando ou recipientes. Ás veces, as bulas tamén levan impresas no exterior marcas que coinciden coa forma e número de fichas do interior. Usáronse entre os anos 5000 e 4000 a. de C. en [[uruk]], [[Susa]] e o curso medio do [[Éufrates]]. Suponse que o vendedor ou subministrador enviaba a mercadoría e asegurábase de que chegaba intacta, na mesma cantidade en que fora expedida, facéndoaa acompañar destas bulas. Moitas delas atopáronse sen rachar, o que indica que se confiaba na integridade da mensaxe transmitida.
 
Comezouse entón a prescindir das fichas e a gravar sempre os signossinos e se selase o documento, co cal as novas ''tabelas'' perdían tamaño e gañaban en estabilidade, o que facilitaba o seu manexo e arquivo.
 
Estas mensaxes, consistentes exclusivamente en numerais e deseños esquemáticos de obxectos, podían ser interpretados por falantes de diferentes linguas. Ao non faceren referencia a palabras, senón a feitos e procesos extralingüísticos, non se poden considerar escrita en sentido estrito.
 
Arredor do ano -3300, os pictogramas pasaron a representar palabras dunha lingua viva, o [[lingua sumeria|sumerio]], tornándose en logogramas. Nesta época usábanse perdopreto de dous mil signos lingüísticos.
 
O paso seguinte deuse ao abstraer o son puro dun signo prescindindo do contido semántico da figura. O sumerio era unha lingua eminentemente mono[[sílaba|silábica]], co que se obtivo un repertorio extenso de sílabas puras, ou ''silabogramas''. Estes signos podíanse ler como representación de obxectosou ben para representar palabras dificilmente representábeis mediante logogramas, como os nomes abstractos e verbos de difícil representación. Cos silabogramas resultaban máis difíceis de memorizar, pero eran máis flexíbeis á hora de codificafr a linguaxe, o que favoreceu que se reducise o seu número. Na época de [[Gamdat Nasr]] (arredor do ano -3000), usábase xa o mesmo conxunto de signos de maneira uniforme en todo o sul da [[Babilonia]].
 
A escrita [[cuneiforme]]] foi un desenvolvemento forzado pola utilización dun punzón de cana ou de folla de cana sobre as tabelas de arxila. Estas representacións adoptaban a forma de liñas rectas e difundíronse moi rapidamente. Os documentos importantes ian sempre autentificados por medio de un ou varios selos.
 
 
 
 
 
 
==Incoherencias do sistema ortográfico galego==
Usuario anónimo