Lev Kamenev: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
→‎Antecedentes: corrixo erros
PepedoCouto (conversa | contribucións)
engado ligazón á wiki en español e sigo traducindo
Liña 9:
Despois do fracaso no intento de reunificación, Kámenev continuou traballando no “Proletario” e establece la escola bolxevique do partido en Longjumeau, preto de París,<ref>Ver Adam Bruno Ulam. ''Stalin: O home e o seu tempo'', Boston, Beacon Press, 1973, ISBN 0-8070-7005-X p.112</ref> que foi creada como unha alternativa leninista á escola de Bogdanov con base en Capri. En xaneiro de [[1912]], Kámenev axudou a Lenin e a Zinoviev a convencer aos delegados na Conferencia Bolxevique de Praga para separarse dos Menxeviques e dos Otzovists. En xaneiro de [[1914]], foi enviado a San Petersburgo para dirixir o traballo da versión bolxevique de Pravda, e a facción bolxevique da [[Duma]]. Kámenev foi arrestado despois do estalido da [[Primeira Guerra Mundial]] e é levado a xuízo, onde se distancia da posición antibelicista de Lenin. Kámenev foi exiliado a [[Siberia]] a principios de [[1915]], e pasaron dous anos ata que foi liberado na [[Revolución de Febreiro]] de [[1917]].
 
== Antes da Revolución de 1917 ==
 
Logo da súa volta a San Petersburgo ([[Petrogrado]] desde [[1914]]) desde o exilio siberiano a mediados de marzo de [[1917]], Kámenev e os membros do Comité Central [[Iósif Stalin]] e [[Matvei Muranov]] tomaron o control do resucitado Pravda Bolxevique, movéndose cara a dereita, con Kámenev dirixindo a política de soporte condicional ao recén formado [[Goberno Provisional Ruso, 1917|Goberno Provisional Ruso]], e unha reconciliación cos menxeviques. Despois do retorno de Lenin a Rusia o [[3 de abril]] de [[1917]], Kámenev resistiuse brevemente ás antigobernamentais [[Tese de Abril]] de Lenin, pero pronto se aliñou con el e apoiouno ata setembro.
Kámenev e Zinoviev opuxéronse a Lenin na toma do poder en outubro de [[1917]].<ref>p.221, David Evans e Jane Jenkins, ''Anos de Rusia e da URSS USSR 1851-1991'', Hodder Murray, 2001</ref> O [[10 de outubro]] de [[1917]] (do [[calendario xuliano]]), Kámenev e Zinoviev foron os dous únicos membros do Comité Central que votaron en contra dunha revolta armada. As súas publicacións e unha carta aberta onde se opuñan ao uso da forza propugnada por Lenin, publicada no xornal independente de M. Gorki, que pediu a súa [http://www.marx2mao.com/Lenin/LPM17.html expulsión do partido]. Porén, cando os bolxeviques lideraron o [[Comité Militar Revolucionario]], dirixido por [[Adolph Joffe]] e o [[Soviet de Petrogrado]], liderado por Trotski, convocando o levantamento, Kámenev e Zinoviev sumáronse. No segundo Congreso Soviético de Todas as Rusias, onde se formaliza o golpe do 25-26 de outubro, Kámenev foi elixido presidente do Congreso, e Xefe do permanente [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]]. O último posto era equivalente a xefe de estado baixo o sistema soviético, aínda que o poder real estivo nas mans do Comité Central Bolxevique.
O [[29 de outubro]] de [[1917]], tres días antes da toma do poder dos bolxeviques durante a [[Revolución de Outubro (1917)|Revolución de Outubro]], o comité executivo do sindicato nacional de traballadores de ferrocarrís, [[Vikzhel]], ameazou cunha folga nacional a no ser que os bolxeviques compartiran o poder cos outros partidos socialistas e apartaran do goberno aos líderes insurrectos, Lenin e Trotski. Zinoviev, Kámenev e os seus aliados no Comité Central Bolxevique argumentaron que os bolxeviques non tiñan outra elección que a de iniciar negociacións, xa que unha folga de ferrocarrís podería diminuír a capacidade do goberno de loitar contra as forzas que aínda eran leais ao [[Goberno Provisional Ruso, 1917|Goberno Provisional]].<ref>Por conta das discusións dentro do liderazgo bolxevique en novembro de 1917, ver Elizabeth A. Wood. ''A avoa e o camarada: Xenero e Políticos da Rusia Revolucionaria'', Indiana University Press, 1997, ISBN 0-253-21430-0 p. 70</ref> Sen embargo, Zinoviev e Kámenev brevemente tiveron o apoio da maioría do Comité Central, e as negociacións iniciáronse, un rápido colapso das forzas anti-bolxeviques fora de Petrogrado, permitiu a Lenin e Trotski convencer ao Comité Central de abandonar o proceso negociador. Como resposta, Zinoviev, Kámenev, [[Alekséi Rýkov]], [[Vladimir Milyutin]] e [[Victor Nogin]] dimiten do Comité Central o [[4 de novembro]] de [[1917]], e Kámenev dimite do seu posto no Comité Executivo Central. Ao día seguinte, Lenin escribiu unha proclama chamando a Zinoviev e Kámenev “desertores”, non esquecendo nunca o seu comportamento, facendo eventualmente unha ambigua referencia no seu testamento do “Episodio de Outubro”.
 
 
Liña 21 ⟶ 24:
[[en:Lev Kamenev]]
[[eo:Lev Kamenev]]
[[es:Lev Kamenev]]
[[et:Lev Kamenev]]
[[fa:لو کامنف]]