Abrir o menú principal

Cambios

lig ints
[[Imaxe:sarajevo11.jpg|thumb|250px|right|Praca lembrando o acontecemento no lugar do asasinato.]]
O [[28 de xuño]], o [[Arquiduque]] [[Francisco Fernando]], herdeiro do [[Imperio Austrohúngaro]] e sua dona [[SofiaSofía Chotek]] foron asasinados na cidade de [[Saraievo]], capital da actual [[Bosnia-Hercegovina]] por [[Gavrilo Princip]], membro da [[Xove Bosnia]], grupo terrorista que loitaba pola a unificación da ''Terra dos Eslavos do Sur'' ([[Iugoslavia]]). Tal evento serviu como pretexto para o comezo da [[Primeira Guerra Mundial]].
 
==Introdución==
[[Bosnia-Hercegovina]] fora ocupada por [[Austria|Imperio Austrohúngaro]] en [[1878]] e anexada en [[1908]]. Moitos bosníacos, e particularmente os [[serbio]]s, non aceptaban a ocupación, preferindo a unificación coa [[Serbia]].
 
A finais do mes de [[xuño]] de [[1914]] [[Francisco Fernando]] visitou [[Bosnia-Hercegovina]] para observa-lo seu exército e para fundar un [[museo]] en [[Saraievo]]. Normalmente nas ocasións oficiais o arquiduque non levaba á súa dona [[Sofía Chotek]], xa que ela proviña dunha familia de posición inferior na corte. O feito de que a súa dona o acompáñase na viaxe foi debido a que a parella celebraba o aniversario do casamento o [[1 de xullo]].
 
O día do asasinato, o [[28 de xuño]], corresponde no [[Calendario xuliano]] ao día [[15 de xuño]], día do Vidovdan. Día no que se conmemora patrioticamente na Serbia a derrota dos serbios contra os [[Imperio Otomano|Otománs]] en [[1389]].