Movemento pola Base: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
completo referencia
Sen resumo de edición
Liña 38:
 
A primeira acción pública do MpB (Movemento pola Base) foi a presentación dunha candidatura ao Consello Nacional na XII Asemblea Nacional do BNG encabezada por Fermín Paz e Paula Castro que acadou 245 votos (9,32%) e 5 representantes. Nesta Asemblea Nacional do BNG o MpB criticou o que consideraba a deriva ideolóxica do BNG e a perda do mecanismo asambleario na toma de decisións da fronte. O día [[28 de outubro]] de [[2007]] constituíuse formalmente como organización política, e definiuse como unha "organización da clase traballadora" que avoga pola independencia de Galiza e "pola superación do capitalismo coa construción do poder popular no camiño da sociedade [[socialismo|socialista]]". Entre os meses de decembro de [[2008]] e xaneiro de [[2009]] esta corrente fragmentouse entre aqueles partidarios de crearen unha nova formación política á marxe do [[BNG]] e os que avogaban por seguir dentro desa fronte. Tamén foi un elemento importante na división o papel do MpB na CIG e as súas relacións coa UPG dentro desta central sindical<ref>http://www.vieiros.com/nova/71250/cruce-de-acusacions-polo-control-das-siglas-do-movemento-pola-base Cruce de acusacións polo control das siglas do Movemento pola Base], ''[[Vieiros]]'', 9/1/2009</ref>. As dúas faccións reivindicaron a súa lexitimidade e o uso da denominación Movemento pola Base.
 
== Facción polabase.net ==
 
A facción que emprega como canle de comunicación o web polabase.net celebrou unha asemblea nacional o 7 de febreiro do 2009 onde se decidiu deixar o BNG como plataforma electoral da organización <ref>http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/02/08/0003_7515171.htm
Movemento pola Base se desmarca electoralmente del Bloque y aspira a fraguar una alternativa soberanista], ''[[La Voz de Galicia]]'', 8/2/2009</ref>.
 
==Véxase tamén==