Abrir o menú principal

Cambios

cursiva; lig int
'''Roque Cameselle Capón''' ([[Vigo]], [[1981]]) é un escritor e director de [[cine]] galego.
 
Licenciado en Comunicación Audiovisual, é profesor de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de [[Galicia]], e Crítico de cine de ''[[Faro de Vigo]]''. Dirixiu as curtametraxes ''Memoria indesexable'' ([[1998]]), ''A moza do último'' (1998), ''[[Soldados sen fortuna]]'' ([[2000]]) e ''Amor a Mantis'' ([[2003]]). Na actualidade dirixe, sobre un guión propio, un episodio piloto de quince minutos para unha serie de debuxos animados sobre a historia de Bieito Dubidoso.
 
Como guionista escribiu ''Na luz freada da tarde'' ([[2001]]), ''A Gilda chamábanlle Leonor'' ([[2002]]) e ''Meu xeneral o asasino foi o mar'' (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.