Kahoolawe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:卡胡拉威島
lig int
Liña 47:
Fai uns 1.000 anos, Kahoolawe estivo poboada por pequenas comunidades de pescadores. Terra dentro, algunhas zonas foron cultivadas. Construíronse plataformas de pedra para as cerimonias relixiosas, e aínda poden atoparse algúns petróglifos. Como hai pouca auga doce, a poboación debía ser escasa. O maior establecemento era en Hakioawa, ao norte da illa diante de Maui.
 
As guerras entre a [[Hawaii (illa) de Hawaii|Hawaii]] e Maui afectaron a Kahoolawe. Os primeiros europeos xa explicaban que a illa estaba deshabitada e sen recursos de auga ou madeira. Tras a chegada dos misioneiros, o rei [[Kamehameha III]] substituíu a pena de morte polo exilio e, entre [[1830]] e [[1853]], Kahoolawe foi unha colonia penal, cunhas condicións moi duras pola falta de alimentos e auga.
 
Os intentos de explotación gandeira terminaron provocando a desertización da illa. Na [[Segunda Guerra Mundial]], o exército norteamericano ocupou Kahoolawe e utilizou a illa como campo de adestramento, especialmente para desenvolver as tácticas de asalto dunha illa. Acabada a guerra seguiuse utilizando a illa como branco de adestramento das forzas aéreas. Por iso coñécella popularmente como ''The Target Island'' ou a "Illa Branco".