Catedral de Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
m Ligazón interna
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 20:
A catedral, que se ía facendo a medida que a [[mesquita]] derrubábase, contaba xa ao final do [[século XIII]] co [[xirola|deambulatorio]] ou xirola cos seus oito [[capela]]s e coa porta románica da Almoina, situada no brazo oriental do cruceiro. Entre [[1300]] e [[1350]] pechouse o [[transepto]] ou cruceiro polo seu lado oeste coa construción da porta gótica dos Apóstolos. Tamén se construíron tres tramos das tres naves, unha central e dous laterais, e iniciouse o [[ciborio]].
 
A antiga [[Sala capitular|Sala Capitular]] (hoxe ''Capella del Sant Calze'') ([[1356]]-[[1369]]), onde se reunían os clérigos para deliberar os asuntos internos, e a torre campanario do [[Micalet]] ([[1381]]-[[1425]]) levantáronse inicialmente separadas do resto da igrexa, pero en [[1459]] os mestres Francesc Baldomar e [[Pere Comte]] iniciaron a ampliación das naves da catedral nun tramo máis, coñecido como ''Arcada Nova'' ou ''Arcada da Seu'', e unírona definitivamente tanto coa sala capitular como co ''[[Micalet]]''. Dende aquel momento a catedral mide 94 metros de longo por 53,65 de ancho no transepto.
 
{| align="center" border="0"
|-
|[[Ficheiro:Almoina_cimbori.jpg|thumb|162px|center|Vista oriental: porta da Almoina e ciborio]]
|[[Ficheiro:Seu_valencia_estructura.jpg|thumb|278px|center|Vista dende o [[Micalet]], que proxecta sombra.]]
|[[Ficheiro:Seu_plaçareina.jpg|thumb|262px|center|Vista meridional: [[Micalet]], porta dos Ferros, ciborio e exterior da capela do Santo Cáliz]]
|}
 
Liña 52:
*A arcada noroccidental, chamada ''Obra Nova'' e de estilo renacentista italiano (s. XVI)
*A porta occidental, chamada ''dos Apóstolos'' e de estilo gótico francés (s. XIV)
*O campanario, chamado ''o [[Micalet]]'' e de estilo gótico catalán (s.XIV)
*A porta meridional, chamada ''dos Ferros'' e de estilo barroco italiano (s. XVIII)