Etruscos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Enlace a artículo destacado para: nl:Etrusken
m Robot: Reemplazo automático de texto (-Lacio +Lazio)
Liña 1:
Os etruscos apareceron entre os séculos VIII-VII a.C. nun espazo comprendido entre os ríos [[Arno]] e [[Tiber]], entre o mar Tirreno e os montes Apeninos. A súa orixe foi obxecto de grandes controversias, pero parece fóra de toda dúbida que son de orixe oriental, ou que polo menos teñen elementos orientais na súa cultura. Provirían da [[Lidia]], de onde se viron na obriga de emigraren a raíz da invasión indoeuropea de Asia Menor. Formarían parte dos chamados [[Pobos do Mar]], protagonistas das grandes migracións que trocaron o escenario do Mediterráneo Oriental.
 
Ao principio, dedicáronse ás correrías e á piratería, ata que a súa superioridade militar lles permitiu imporse ás poboacións autóctonas ([[umbros]], [[lígures]], etc,...). Xa no [[século -VII|VII a C.]] constituíran un poder forte e dominaban un territorio que se chamou [[Etruria]], fundando tamén a cidade de Tarquinia. Foi entón cando emprenderon a súa política expansiva, ocupando as rexións contiguas a [[Umbría]] e expandíndose polo val de [[Po]]. A eles se debe a fundación de [[Parma]], [[Mantua]] e [[Milán]] e a ocupación de numerosas cidades, como [[Cortona]], [[Perusa]], [[Bolonia]] e varios portos do Tirreno e comarcas como o [[Piceno]]. No [[-540|540]] a.C. aliáronse cos cartaxineses para expulsar os gregos de [[Córsega]] e despois se lanzaron á conquista do [[LacioLazio]] e da [[Campania]]. O seu contacto cos gregos da colonia de [[Cumas]] lles permitiu adoptar algúns elementos da súa civilización, como o [[alfabeto etrusco|alfabeto]].
 
A finais do século VI a. C comezou a decadencia do poderío etrusco. O [[tirano]] de Cumas, [[Aristodemo]], logrou rexeitalos e favoreceu a sublevación do [[LacioLazio]]. [[Roma]] expulsou o seu derradeiro rei, [[Tarquinio o Soberbio]] e proclamou a República. No [[-474|474 a.C.]] os campanos, aliados cos siracusanos, desfixeron a flota etrusca, mentres os [[samnitas]] ocupaban a Campania e os [[galos]] dende o norte, ocupaban o val do Po. Co tempo Roma e a súa política de conquista de Italia, rematou co poder etrusco.
 
=='''Institucións: O Patriarcado'''==