Gazpacho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pan -> Pan (alimento)
lig int
Liña 1:
[[Imaxe:Tomato gazpacho.jpg|250px|thumb|right|Prato con gazpacho servido xeralmente con verdura picada]]
[[Imaxe:Gazpacho ingredients.jpg|thumb|200px|left|Ingredientes para unha variedade de gazpacho.]]
O '''gazpacho''' é unha [[sopa]] fría elaborada con ingredientes en cru. Desde tempos moi antigos era unha versión fría das [[sopas de allo]], é dicir que ten como ingredientes básicos [[pan (alimento)|pan]], [[auga]], [[aceite de oliva]], [[allo]], e [[sal]], ás veces sos, coma no [[gazpacho estremeño]], e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo [[ovo cocido]] (así é no [[gazpacho Cordobés]]).
 
Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as [[améndoa]]s na variante chamada [[allobranco]] de [[Andalucía]] oriental ([[Granada, España|Granada]] e [[Málaga]]); noutros casos, [[laranxa]]s amargas coma en [[Sevilla]] ou a [[fariña]] de [[faba]]s secas. Á hora de servir poden poñerse por enriba uns ''tropezóns'', que no caso do allobranco tradicionalmente son [[uva]]s.
 
 
[[Categoría:Pratos]]