Catedral de Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Nova páxina: "250px|thumb|Vista da Catedral {{enuso}} A '''Catedral de Valencia''' (Basílica Metropolitana) é a sede do arcebispado de [[Valencia - Valè..."
 
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
A catedral, que se ía facendo a medida que a [[mesquita]] derrubábase, contaba xa ao final do [[século XIII]] co [[xirola|deambulatorio]] ou xirola cos seus oito [[capela]]s e coa porta románica da Almoina, situada no brazo oriental do cruceiro. Entre [[1300]] e [[1350]] pechouse o [[transepto]] ou cruceiro polo seu lado oeste coa construción da porta gótica dos Apóstolos. Tamén se construíron tres tramos das tres naves, unha central e dous laterais, e iniciouse o [[ciborio]].
 
A antiga [[Sala capitular|Sala Capitular]] (hoxe ''Capella del Sant Calze'') ([[1356]]-[[1369]]), onde se reunían os clérigos para deliberar os asuntos internos, e a torre campanario do [[Micalet]] ([[1381]]-[[1425]]) levantáronse inicialmente separadas do resto da igrexa, pero en [[1459]] os mestres Francesc Baldomar e Pere Comte iniciaron a ampliación das naves da catedral nun tramo máis, coñecido como ''Arcada Nova'' ou ''Arcada da Seu'', e unírona definitivamente tanto coa sala capitular como co ''Micalet''. Dende aquel momento a catedral mide 94 metros de longo por 53,65 de ancho no transepto.
 
{| align="center" border="0"
|-
|[[Ficheiro:Almoina_cimbori.jpg|thumb|155px162px|center|Vista oriental: porta da Almoina e ciborio]]
|[[Ficheiro:Seu_valencia_estructura.jpg|thumb|250px278px|center|Vista dende o Micalet, que proxecta sombra.]]
|[[Ficheiro:Seu_plaçareina.jpg|thumb|262px|center|<small>Vista meridional: Micalet, porta dos Ferros, ciborio e exterior da capela do Santo Cáliz]]
|}
 
Os séculos do [[renacemento]] (XV-XVI) influíron pouco na xa consolidada arquitectura pero moito na decoración pictórica, como a do altar maior, e escultórica, como a da capela da Resurrección. Da etapa [[barroco|barroca]] destaca que en [[1703]] o alemán Konrad Rudolf proxectou e iniciou a porta principal da catedral, coñecida como ''dos Ferros'' pola reixa que a rodea. Por mor da [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]] non a puido acabar, e foron principalmente os escultores Francesc Vergara e Ignasi Vergara os que o fixeron. Ao ser a súa planta curva, o paramento cóncavo que orixina creaba un singular e estudado efecto de perspectiva, desvirtuado durante o [[século XX]] a causa da derriba dos edificios adxacentes (antiga rúa de Zaragoza) para ampliar a praza da Raíña.
 
[[Ficheiro:Mapa_seu.jpg|thumb|200 px|right|Plano de situación da catedral]]
 
Dende o último terzo do [[século XVIII]] púxose en marcha un proxecto de renovación do edificio, cuxa intención era dotalo dun aspecto neoclásico homoxéneo, escapando do estilo gótico que entón era considerado obra de bárbaros. A obra comezou o 1774 e correu a cargo do arquitecto Antoni Gilabert Fornés. A remodelación afectou tanto a elementos construtivos como ornamentais: os [[pináculo]]s exteriores do templo foron eliminados, as azoteas ocultas por tellados, e a estrutura gótica enmascarada por estucos, dourados e outros elementos ''pseudo''clásicos.
 
No [[1931]] foi declarada [[Conxunto Histórico-Artístico|Monumento Histórico-Artístico]], pero durante a [[Guerra Civil española|Guerra Civil]] foi incendiada, razón pola que se perderon parte dos seus elementos artísticos. O [[coro (arquitectura)|coro]], situado na parte central, foi desmontado en 1940 e trasladado ao fondo do altar maior. Os órganos, que sufriran importantes danos durante o conflito bélico, non foron reconstruídos.
 
Así mesmo en [[1970]] as chamadas ''Casas dos Canonges'' (Casas dos Cóengos), construcións encastadas nas capelas exteriores na rúa do [[Micalet]], foron derrubadas para devolver á catedral o seu aspecto anterior, ao mesmo tempo que a alixeiraban de elementos de escaso ou nulo valor arquitectónico.
 
En [[1972]] emprendeuse a tarefa de repristinación da catedral, que significou a retirada de case todos os elementos clásicos, para recuperar o aspecto gótico orixinal. Só quedou como decoración clásica a maior parte das capelas laterais e da xirola, e algúns elementos puntuais, como as esculturas sobre as [[cuncha (arquitectura)|cunchas]] do ciborio.
 
Na actualidade presenta, despois de varias limpezas, un bo estado de conservación, especialmente despois da exposición levada a cabo o 1999 co nome ''a Luz das Imaxes'' [http://www.laluzdelasimagenes.com/]. O templo está declarado ''Ben de Interese Cultural'' por parte do [[Consello da Generalitat Valenciana]].
 
== Elementos singulares da catedral ==
[[Ficheiro:Catedral_Valencia_elements.jpg|thumb|right|200 px|Principais elementos da catedral]]
 
Entre os elementos singulares hai que destacar, polo que respecta no exterior do templo:
 
*A porta oriental, chamada ''de l'Almoina'' e de estilo románico (s. XIII)
*A pequena capela setentrional, chamada ''de Sant Jordi'', onde se celebrou a primeira misa (s. XIII)
*A arcada noroccidental, chamada ''Obra Nova'' e de estilo renacentista italiano (s. XVI)
*A porta occidental, chamada ''dos Apóstolos'' e de estilo gótico francés (s. XIV)
*O campanario, chamado ''o Micalet'' e de estilo gótico catalán (s.XIV)
*A porta meridional, chamada ''dos Ferros'' e de estilo barroco italiano (s. XVIII)
 
Polo que respecta no interior do templo hai que destacar:
 
*O ciborio, marabilla do gótico francés (s. XIV), tanto visto desde dentro como desde fóra
*A antiga sala capitular ou ''Capela do Santo Cáliz'', de estilo gótico tardío (segunda metade s. XIV)
*A xirola, de estilo gótico catalán (s.XIII), maiormente recuberta de decoración neoclásica (s. XVIII)
*O altar maior ou presbiterio, decorado con pinturas renacentistas (s. XV) e engadidos posteriores barrocos (s. XVII)
*A nave principal e as laterais, de estilo gótico catalán (S. XIII-XIV)
 
== Referencias ==