Semenkhkare: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ra (mitoloxía)->Ra (deus)
Ra (mitoloxía)->Ra (deus)
Liña 29:
Tamén se quixo ver unha clara relación afectiva entre Ajenatón e a súa rexente. Ideas dunha posible bisexualidade do rei non terían ningún sentido se se demostrase que Semenkhkare non era máis que a "esposa" por excelencia do rei; de aí o título último de Semenkhkare: ''Amado de Ajenatón''.
 
Ignórase cal foi a postura de Semenkhkare en canto á difícil situación que atravesaba o país: Ajenatón prohibira, e ata condenado, o culto a calquera deus que non fose [[Atón]] ou polo menos [[Ra (mitoloxíadeus)|Ra]], as fronteiras estaban debilitándose a pasos axigantados, os [[hitita]]s ameazaban conquistar o territorio exipcio, a pobreza aumentaba... Quizais sexa unha pista que o nome de Semenkhkare non incluíse o nome de Atón senón o de Ra, e que o rexente, vendo que a situación fora moi lonxe, expuxésese devolver as augas á súa canle.
 
Parece ser que cando morreu Ajenatón houbo un tempo no que Semenkhkare reinou en solitario. Pensouse que chegou ata a manter conversacións co clero de [[Amón]]. No seu terceiro ano de rexencia, Semenkhkare escribiu a un sacerdote de Amón de [[Tebas (Exipto)|Tebas]] suxerindo que non querería ser enterrado en [[Amarna]] senón no [[Val dos Reis]]. É moi probable que non tivese fe na crenza do seu probable pai Ajenaton e é posible que ata se expuxese deixar para sempre o soño de Ajenatón e regresar con toda a corte a Tebas. Sexa como for, o reinado de Semenkhkare foi moi breve e aproximadamente nun ano e medio desaparecera por completo da historia e con el, a gran esposa real Meritatón. Había un novo rei, o neno Tutankhamón, que sería o fillo de Ajenatón e dunha esposa secundaria de nome [[Kiya]].