Partido Comunista do Pobo Galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de PCPG (conversa); cambiado á última versión feita por Xabier Cid
Liña 1:
O '''Partido Comunista do Pobo Galego''' ('''PCPG''') é un partido político [[Galicia|galego]].
 
==Historia==
O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en [[1984]], paralelamente ao proceso de unidade e recomposición [[comunista]] impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e mais en [[Cataluña]] polo [[Partit dels Comunistes de Catalunya]], en contra do [[eurocomunismo]] imperante na dirección do [[PCE]] e do [[PCG]]. Este proceso levou á fundación do [[Partido Comunista (España)|Partido Comunista]] (PC), antecesor do que logo foi o [[PCPE]].
 
Estatutariamente, a organización xuvenil deste partido son os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC)
 
Posteriormente rexistrouse en [[1993]] como Partido Comunista do Pobo Galego<ref>[http://servicio.mir.es/registro-partidos/index.htm Rexistro de partidos políticos], busca polo termo "pobo"</ref>. Aínda que participou en diversos comicios, os resultados sempre foron minoritarios. A súa última participación foi nas eleccións ao [[Senado]] en [[2008]], onde presentaron candidatura pola [[provincia de Ourense]], e onde obtiveron 4.243, 3.428 e 3.413 votos os seus tres candidatos.
 
Nos últimos tempos as diferencias políticas e mesmo ideolóxicas entre PCPG e o PCPE, que na práctica xa existian desde 1984 fóronse facendo máis patentes na práctica, especialmente pola deriva da súa intervención social e a política de alianzas; asi como pola súa liña cada vez máis centralista e nacionalista-española do PCPE(confirmada nos acordos do seu último Congreso realizado en 2006).A pesares desta situación o PCPG decidiu continuar a relación co PCPE, tratando de formalizala pola via dun acordo ou protocolo que poidese manter a colaboración, coordenación e a irmandade comunista no Estado Español e que garantira o respecto da soberania política e organizativa do proxecto comunista do PCPG. Máis xusto despois dos últimos comicios, o PCPE decidiu romper unilateralmente a súa relación co PCPG e tentou de impulsar unha nova escisión en Galiza tratando de crear outra formación co apoio dun grupo moi minoritario de ex-militantes deste partido.
 
==Ideoloxía==
Liña 18 ⟶ 14:
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://www.pcdopg.blogspot.com SiteBlog doda partidoformación]
 
[[Categoría:Partidos políticos de Galicia]]