Romaría das Cruces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
A '''Romaría das Cruces''' celebrase na [[A Ponte, Arante, Ribadeo|Ponte]] na parroquia de [[Arante, Ribadeo|Arante]] en [[Ribadeo]] o luns de [[pentecostés]] (luns da semana anterior a Corpus Christi). En 2005 tivo lugar o [[16 de maio]]; no 2008, o [[13 de maio]].
 
Conmemora unha escaramuza contra os franceses en tempos da invasión napoleónica. O 29 de Xaneiro de 1809 os veciños das parroquias da zona loitaron contra os franceses baixo a protección de Nosa Señora das Virtudes. Nun primeiro momento a batalla librabana os veciños de Cubelas, Cedofeita, Arante, Sante , Vidal e Balboa. Pero ante a proximidade da derrota un emisario buscou axuda entre os veciños de Ove. A sua chegada foi providencial e os veciños derrotaron os invasores. Dende ese momento o luns de Pentecostes celebrase a romaria neste pequeno pobo. Nela danse cita sete pendóns doutros tantos lugares da zona (parroquias de Ribadeo -Cubelas, Cedofeita, Arante e Ove- e Trabada -Sante, Vidal e Balboa-), que renden pleitesía ante o pendón principal, o mesmo que as cruces que os acompañan. O acto principal vese completado co bandeo do pendón da Ponte, seguido duna procesión arredor da igrexa da Virxe das Virtudes.