Diferenzas entre revisións de «Alacantí»

m
sen resumo de edición
m
 
 
A comarca histórica da [[Horta de Alacante]] correspóndese coa conurbación de [[Alacante]], un conxunto urbano que engloba ademais da capital, a [[Sant Joan d'Alacant]], [[Mutxamel]], [[Sant Vicent del Raspeig - San Vicente dodel Raspeig|Sant Vicent del Raspeig]] e [[El Campello]] (o área metropolitana de [[Alacante]]-[[Elxe]] inclúe a case todos os demais municipios da comarca e os do [[baix Vinalopó]]: [[Elxe]], [[Santa Pola]] e [[Crevillent]]). Centrada sobre a cidade de Alacante, o resto de núcleos urbanos atópanse a modo de prolongacións da expansión urbana, servindo como zonas residenciais (todas elas), de expansión industrial (Sant Vicent) ou especializadas cara ao turismo (El Campello). Fortemente urbanizada, esta aglomeración presenta unha densidade de poboación de 1.226 hab/km². No plano agrícola, que é ao cal debe o seu nome, a ''Horta de Alacante'' consiste nun territorio relativamente plano de terras fértiles, convertido ao regadío grazas principalmente ao uso das augas do río Montnegre.
 
Á parte de [[Agost]], o resto das poboacións constitúen a histórica comarca da '''Foia de Xixona''', con [[Xixona]], [[La Torre de les Maçanes]], [[Busot]], e [[Aigües]]. Trátase en realidade de poboacións de transición entre a Horta de Alacante e outras comarcas (respectivamente, a Foia de Xixona co [[Alcoià]], [[Agost]] co [[Vinalopó Mitjà]] e [[Busot]] e [[Aigües]] coa [[Marina Baixa]]). Salvo Xixona, poboación industrial que é deles o maior núcleo urbano, os demais núcleos de poboación son de tipo rural, contrastando enormemente coas poboacións da Horta de Alacante. Non en balde, esta serie de municipios periféricos presenta unha densidade de poboación de tan só 50,3 hab/km², unhas 24 veces menor que a da conurbanización alacantina.
53.072

edicións