Hippy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m cat?
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Woodstock redmond hair.JPG|thumb|250px|right|Dous hippies no [[Festival de Woodstock]] en 1968]]
Denomínase '''hippie''' (ás veces tamén '''hippy''') a un movemento [[contracultural]] dos [[anos 1960]], así como tamén aos seguidores de dito movemento. A palabra hippie deriva do [[inglés]] hipster que adoita usarse para describir á [[subcultura]] previa dos [[beatniks]] (non confundir con [[Xeración Beat]]), que tamén tivo como base importante a cidade estadounidense de [[San Francisco]] ([[California]]) e o seu distrito [[Haight-Ashbury]]. Esta nova subcultura herdou algúns valores contraculturais da Xeración Beat e en menor grao do [[naturismo]] alemán, e en determinados casos crearon as súas propias comunidades intencionais.
 
Escoitaban [[rock psicodélico]] e [[folk]] contestatario, abrazaban la [[revolución sexual]] e crían no [[amor libre]]. Algúns participaron en activismo radical e no uso de [[droga]]s como o [[cannabis]], o [[LSD]] e outros [[alucinóxeno]]s coa intención de acadar [[estados alterados de conciencia]], en realidade un xeito de rebelarse pola homoxeneidade de conceptos que ofrece o Sistema. Tamén buscaron formas de experiencia pouco usuais, como a [[meditación]]. Debido ao seu rexeitamento ao [[consumismo]] adoitaban optar pola simplicidade voluntaria, xa fora por motivacións [[hedonismo|hedonistas]], espirituais-relixiosas, artísticas, políticas, ou ecoloxistas.