Diferenzas entre revisións de «Vodka»

Os costumes para bebela difiren segundo o seu lugar de consumo. Nos países bálticos e de Europa oriental, a bebida é tomada soa e sen mesturar, servíndose en vasos ben fríos e acompañada a cotío de comida. Nos países occidentais, é utilizada principalmente en combinados, aínda que o auxe dos chamados vodkas "premium" fai que cada vez sexa máis frecuente consumir vodka por si só.
 
Orixinariamente a produción desta bebida era a partir dos produtos de agricultura locais máis baratos e abundantes como o trigo, millo, patacas, cana de azucre ou a combinación de calquera destes. O proceso consistía nunha filtración simple e rápida do fermento destes vexetais usando un filtro a base de carbón vexetal, en lugar dun caro e prolongado proceso de destilación. O líquido purificado era despois reducido, sen añexarseavellentarse até ser potabilizado mediante a adición de auga destilada para logo embotellarlo. O resultado deste ciclo de elaboración era e segue sendo un produto incoloro e sen cheiros cunha gradación alcohólica elevada.
 
== Descrición básica do proceso de elaboración ==
Usuario anónimo