Diferenzas entre revisións de «Vodka»

 
O vodka producido en Rusia contiña 40 % de alcol e as de Polonia alcanzaban os 45º de gradación alcohólica. Actualmente a gradación típica oscila entre 37,5% e 42% en vodkas ordinarios (até 70% nalgunhas especialidades rusas), polo que a súa achegue calórico ao organismo por cada 100 mg (aproximadamente 100 ml) é de 315 kcal.
Os costumes para bebela difiren segundo o seu lugar de consumo. Nos países bálticos e de Europa oriental, a bebida é tomada soa e sen mesturar, servíndose en vasos ben fríos e acompañada a miúdocotío de comida. Nos países occidentais, é utilizada principalmente en combinados, aínda que o auxe dos chamados vodkas "premium" fai que cada vez sexa máis frecuente consumir vodka por si só.
 
Orixinariamente a produción desta bebida era a partir dos produtos de agricultura locais máis baratos e abundantes como o trigo, millo, patacas, cana de azucre ou a combinación de calquera destes. O proceso consistía nunha filtración simple e rápida do fermento destes vexetais usando un filtro a base de carbón vexetal, en lugar dun caro e prolongado proceso de destilación. O líquido purificado era despois reducido, sen añexarse até ser potabilizado mediante a adición de auga destilada para logo embotellarlo. O resultado deste ciclo de elaboración era e segue sendo un produto incoloro e sen cheiros cunha gradación alcohólica elevada.
 
== Descrición básica do proceso de elaboración ==
Usuario anónimo