Xoia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m alfaia
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Image:Wedding ring Louvre AC924.jpg|250px|thumb|Anel de casamento bizantino]]
 
Unha '''alfaia''' ou '''xoia''' consiste nunha peza ornamental levada no corpo, que xeralmente se fabrica con [[pedra preciosa|pedras]] e [[metal precioso|metais preciosos]], aínda que tamén se pode empregar materiais de menor valor. De feito, practicamente calquera tipo de material utilizouse para fabricar xoias. Entre os artigos de xoiaría cabe mencionar os [[brazalete]]s, [[colar]]es, [[anel (indumentaria)|aneis]], [[pendente (indumentaria)|pendentes]], así como ornamentos para o cabelo, entre outros. A palabra derívase da palabrado [[latín]] ''jocale'', que significa "xoguete".
 
A xoia, especialmente a que está fabricada con materiais valiosas, considérase preciosa e desexable. Nalgunhas culturas, a riqueza almacénase en forma de xoias, por exemplo na India, onde a tradición marca o agasallo de vodas en forma de ouro, sempre útil en caso de necesidade. As xoias tamén pode ter significado simbólico, como a tradición cristiá de levar colares con colgantes en forma de [[crucifixo]]s, ou os aneis de vodas que levan en moitos países occidentais.
Liña 9:
Unha cidade importante no mundo das xoias é a cidade de [[Jablonec]], na rexión de [[Bohemia (República Checa)|Bohemia]] Setentrional da [[República Checa]].
 
[[Imaxe:amber.pendants.800pix.050203.jpg|thumb|250px|right|Colgantes de [[ambarámbar]].]]
'''As xoias non metálicas''': defínense como unha [[pedra preciosa]] mellorada. Mediante un procedemento de [[tallado]] de alta calidade e precisión, un [[xoieiro]] pode incrementar o valor da [[materia prima]], neste caso a [[pedra preciosa]]. O seu valor mídese por varios parámetros dependendo da gema, por exemplo no diamante son os seguintes; peso, pureza, cor e talla.
 
'''As xoias metálicas''': son feitas de metais preciosos, como o [[ouro]] e a [[prata]], ademais do [[platino]]. Neste caso o xoieiro-[[ourive]] transforma a materia prima en adornos como [[Anel (indumentaria)|anel]]s ou [[aro]]s. A súa calidade mídese en [[quilate]]s no caso do ouro, na prata adoita ser sempre de lei, tendo un 925/1000 de proporción.
 
*[[Coroa|Coroas]], [[Tiara|tiaras]]