Xunta de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lista de presidentes, corrixido erro de enlace.
pequena historia
Liña 3:
 
A '''Xunta''' regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de [[Galiza]]. Tamén tén competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das [[Comarcas de Galicia|comarcas]] e [[Parroquias de Galicia|parroquias]] rurais como entidades propias de [[Galiza]]; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do [[Dereito Civil]] galego; normas procesais e procedemento administrativos que se deriven do específico [[Dereito]] galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museus, conservatorios de música e servicios de [[Belas Artes]]; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confradías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre protección do medio ambiente.
 
==Historia==
A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do [[Reino de Galiza]] creada en [[1528]] e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata [[1833]].
 
Durante a [[Guerra da Independenza Española]], en [[1808]], crease a ''Xunta Suprema de Galicia'' para dirixi-la loita contra os franceses e mantela orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais ata a creación da ''Xunta Central española''.
 
En [[1843]] constituise unha ''Xunta Central de Galicia'' presidida por [[Xosé Maria Suances]] oposta á regencia de [[Espartero]].
 
En [[1846]] prodúcese o levantamento do comandante Solís en [[Lugo]], que disolve o Consello Provincial e a Diputación organizando a ''Xunta Superior do Goberno de Galicia'', presidida por [[Pio Rodríguez Terrazo]] e que remataría co fusilamento dos [[Mártires de Carral]].
 
Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o [[16 de marzo]] de [[1978]] establecen a ''Xunta de Galicia'' como goberno galego.
 
== Consellarías ==