Williamina Fleming: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Williamina Fleming
aumentado desde es:Williamina Fleming
Liña 1:
'''Williamina Paton Stevens Fleming''', nada en ([[1857Dundee]]- o [[191115 de maio]]). Astrónoma de finais[[1857]] doe século XIX,falecida en [[HarvardBoston]] (o [[EEUU21 de maio]]), ondede o[[1911]], directorfoi dounha Observatorio[[astronomía|astrónoma]] conseguiu[[EUA|estadounidense]] cincoentamilde dólares para axudala a ela e tamén a aquelas astronomas que ó igual que ela estaban comezando. Foi axudada pororixe [[Henrieta SwanEscocia|escocesa]].
 
'''Mina Fleming''' asistiu á escola pública de Dundee, e aos 14 anos xa axudaba no ensino dos rapaces, actuando de mestra ao tempo que aprendía como alumna, mediante o sistema ''[[pupil-teacher]]''<ref>(en inglés) [http://www.lgfl.net/lgfl/accounts/holnet/upload/lsb/teachers/pupils.htm pupil-teacher]</ref>. En maio de [[1877]], con 20 anos, casou con [[James Orr Fleming]], transladándose ao ano seguinte aos Estados Unidos de América, asentándose en [[Boston]], [[Massachusetts]]. Tras quedar embarazada en 1879, o seu marido abandonouna, véndose obrigada a encontrar traballo para poder manterse tanto ela como ao seu fillo Edward.
 
Traballou como empregada do fogar na casa de [[Edward Charles Pickering]], un famoso profesor de [[astronomía]], e director do [[Hardvard College Observatory]]. Pickering estaba frustrado co seu asistente masculino, e declaró que a súa asistenta podería levar a cabo mellor o seu traballo.
 
En [[1881]], Pickering ofreceulle a Fleming un emprego temporal no observatorio para facer tarefas rutinarias de oficina e algúns cálculos matemáticos, e axiña pasou a ser membro permanente do persoal de investigación. Puxérona a cargo de decenas de mulleres novas, que foron empregadas para facer cálculos matemáticos, proceso que na actualidade fan as computadoras, e dirixíaas cunha disciplina implacable, sendo temida e admirada a partes iguais. Ademais, correxiu todos os orixinais das publicacións do observatorio. Axudou a elaborar un sistema de asignación de estrelas, que basicamente consistía en asignar unha letra, que dependía da cantidad do [[hidróxeno]] observado no seu [[espectro atómico|espectro]]. As estrelas clasificadas coa letra A estaban formadas por hidróxeno case na súa totalidade, as clasificadas coa letra B contiñan menos hidróxeno, e así sucesivamente. Este sistema serviulle a [[Annie Jump Cannon]] como base de traballo, que foi mellorado desenvolver unha clasificación baseada na [[temperatura]]. Nos seguintes 30 anos da súa vida, colaborou na análise fotográfica de espectros estelares.
 
Fleming contribuíu na confección do [[catálogo Henry Draper]], e nun período de nove anos catalogou máis de 10.000 estrelas. Nese tempo tamén descubriu 59 [[nebulosa]]s gasosas, 310 [[estrela variable|estrelas variables]], e 10 [[nova]]s. Tamén estableceu os primeiros estándares fotográficos de magnitude usados para medir o brillo das estrelas variables. En [[1907]] publicou un listado con 222 estrellas variables descubertas por ela, e en [[1910]] descubriu propiedades dos espectros das [[anana branca|ananas brancas]], estrelas moi densas e moi quentes.
 
En [[1888]] Fleming descubriu a [[nebulosa Cabeza de Cabalo]]. William Pickering, que tomou a fotografía, especulou con que naquel lugar houbese [[materia escura]] oculta. Nos artigos e libros seguintes Williamina Fleming non aparece nos créditos, xa que [[John Dreyer]], o principal encargado de recompilar información para o primeiro [[Catálogo Índice]], eliminou o seu nombre da lista de obxectos que descubriron, atribuíndo todas as achegas a Pickering. Porén, no segundo Catálogo Índice de [[1908]], Fleming recibiu os créditos que lle correspondían.
 
En [[1899]] Fleming recibiu o título de Conservadora do Arquivo de Fotografías Astronómicas en [[Harvard]], tratándose do primeiro cargo institucional en Harvard concedido a unha muller. En [[1906]] logrou unha praza honoraria na [[Royal Astronomical Society]] de Londres, sendo a primeira muller en ser elexida, e consiguiu un premio honorario do [[Wellesley College]]. Pouco despois da súa morte, a [[Sociedad Astronómica de México]] galardonouna coa medalla [[Guadalupe Almendaro]] polo descubrimento de novas estrelas.
 
Morreu de [[pulmonía]] en [[Boston]].
 
==Obra==
*''Draper Catalogue of Stellar Spectra'' ([[1890]])
*''A Photographic Study of Variable Stars'' ([[1907]])
*''Spectra and Photographic Magnitudes of Stars in Standard Regions'' ([[1911]])
 
==Referencias==
{{referencias}}
*Cannon, A. J.. [http://articles.adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-iarticle_query?1911ApJ....34..314C "Williamina Paton Fleming"], en ''[[The Astrophysical Journal]]'' n.º 34, p. 314.
 
==Ligazóns externas==
*[http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/bib_query?1990PASP..102.1337W The discovery of early photographs of the Horsehead nebula, by Waldee & Hazen] {{en}}
*[http://home.earthlink.net/~astro-app/horsehead/B33-19thC_4.htm The Horsehead Nebula in the 19th Century, by Waldee] {{en}}
 
==Véxase tamén==