A galiña azul (escolas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Galescola
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
A rede de galescolas está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a [[Vicepresidencia da Xunta de Galicia]], e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008.
 
É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde a internet por parte da [http://www.galescola.com Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas)] xa a finais do ano 2004.
 
O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as galescolas comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.