Bernard Berenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Biógrafo (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Bernard Berenson''' (26 de xuño de 18656 de outubro de 1959), foi un historiador da arte estadounidense, especializado na arte do Renacemento. ==Bio...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2009 ás 18:39

Bernard Berenson (26 de xuño de 18656 de outubro de 1959), foi un historiador da arte estadounidense, especializado na arte do Renacemento.

Biografía

Berenson naceu co nome de Bernhard Valvrojenski nunha familia xudía da rexión de Vilnius no Imperio Ruso, emigrada en 1875 a Boston, mudando o apelido a "Berenson." Estudou na Universidade de Boston e na de Harvard, logo de se licenciar cunha tese sobre Gogol en 1887, varios profesores e amigos entre elas a filantropista Isabella Stewart Gardner pagáronlle unha viaxe por Europa para ampliar coñecementos. Visitou galerías de arte e museos en Inglaterra, Alemaña e Italia, e tras acabar os cartos dedicouse á compra venda de arte para coleccionistas acaudalados e museos, converténdose nun dos grandes connoisseur da primeira metade do século XX. Despois de coñecer a Mary Smith en 1890 en Inglaterra comezou a escribir libros sobre a arte italiana do Renacemento, o primeiro foi The Venetian Painters of the Renaissance with an Index to their Works (1892). Deuse a coñecer internacionalmente en 1895 con ocasión dunha exposición de pintores renacentistas en Londres ó publicar unha revisión crítica da exposición demostrando que das 33 obras que o catálogo oficial atribuía a Tiziano só unha era realmente súa.[1]. Seguiu a publicar obras fundamentais no desenvolvemento do coñecemento da arte renacentista italiana seguindo os métodos de Giovanni Morelli[2] Lorenzo Lotto, an Essay on Constructive Art Criticism (1895), The Florentine Painters of the Renaissance (1896), The Central Italian Painters of the Renaissance (1897). Dedicou seis anos ó que se considera a súa mellor obra The Drawings of the Florentine Painters, publicada en 1903. En 1907 publicou The North Italian Painters of the Renaissance. En The Italian Painters of the Renaissance (1930), incluíu gran parte das súas primeiras obras.


Notas

  1. Michael Hatt e Charlotte Klonk Art History: A Critical Introduction to Its Methods, Manchester University Press, 2006, ISBN 0719069599, páxina 57
  2. Richard Offner e Andrew Ladis A Discerning Eye: Essays on Early Italian Painting, Penn State Press, 2008, ISBN 0271027932, páxina 22