Thomas Mathews: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Biógrafo (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Thomas Mathews''' (1676-1751), foi un almirante británico. Mathews naceu en Llandaff, era fillo do coronel Edward Mathews e neto por parte de nai de Th...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de xaneiro de 2009 ás 19:37

Thomas Mathews (1676-1751), foi un almirante británico.

Mathews naceu en Llandaff, era fillo do coronel Edward Mathews e neto por parte de nai de Thomas Armstrong (1624-1684) (executado en 1684 por traizón debido á súa participación no Complot de Rye House). Mathews entrou na armada e promocionou a tenente en 1699 e a capitán en 1703.

Durante a Guerra da Cuadruple Alianza (1718-20) comandou o Kent na frota de George Byng, participou na Batalla de Cape Passaro en 1718, e entre 1722 e 1724 estivo ó mando dunha pequena escuadra encargado de expulsar os piratas da costa de Malabar.

Volveu ó servizo activo en marzo de 1741, ó recibir o mando da frota do Mediterráneo e plenipotenciario diante o rei de Sardeña e doutras cortes italianas. Mathews non tiña experiencia diplomática e levábase mal co segundo ó mando, Richard Lestock. En 1742 Mathews enviou unha pequena escuadra a Nápoles para asegurarse a neutralidade de Carlos III, futuro rei de España, comandábaa o comodoro, William Martin, este rexeitou negociar e deulle ó rei media hora para lle enviar unha resposta.

En xuño dese ano destruíu unha escuadra de galegóns españois, que se refuxiara na baia de Saint Tropez. En febreiro de 1744 tivo lugar a Batalla de Toulon, 30 navíos británicos ás ordes de Mathews atacaron unha frota hispanofrancesa, que concluíu nunha derrota británica, Mathews quedou apartado do servizo e no xuízo que se celebrou en 1746 quedou definitivamente apartado do mando por fallar en perseguir o inimigo e levar á súa frota á acción dun xeito confuso.