Diferenzas entre revisións de «Fronte ocluída»

Engadida máis información
m (Correccións)
(Engadida máis información)
A [[fronte (meteoroloxía)|fronte]] ocluída fórmase cando dúas frontes diferentes, unha fría e outra cálida, se superpoñen. O motivo é que a [[fronte fría]] móvese a maior velocidade que a [[fronte cálida]]. A fronte cálida, ó ser menos densa, é empurrada pola fronte fría cara arriba tal como se fora unha cuña por baixo dela, quedando a fronte fría a ras do chan e a cálida sen contacto con este (ocluída, de xeito que ó non ter contacto co chan vai desaparecendo pouco a pouco).
 
As frontes ocluídas xeralmente se dan en zonas de baixas presións cando están estas están debilitándose, e están asociadas con [[nube]]s de [[estratos]] e precipitacións lixeiras. As chuvias intensifícanse coa chegada de nubes verticais, que provocan tormentas. Esta estrutura xeral é algo diferente segundo cales das dúas masas de aire frío que se fusionaron teñen a temperatura máis baixa. Se a máis fría é a primeira hai un predominio das nubes estratiformes e as precipitacións serán débiles pero continuadas. Se polo contrario, é a segunda, predominarán as nubes cumuliformes con chuvascos, aínda que pode atoparse unha ampla variedade de condicións climáticas ó longo deste tipo de fronte.
 
A fronte ocluída soe aparecerrepreséntase no mapa do tempo como unha liña punteada rosada entre as marcas de fronte fría e quente cunhas frechas que sinalan a dirección de desprazamento da fronte.
 
==Véxase tamén==
95

edicións