Xogo do pau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
lig int
Liña 11:
Tamén na literatura podemos atopar historias sobre o xogo do pau, nomeadamente en autores como [[Aquilino Ribeiro]] e [[Miguel Torga]].
 
A partir dos anos 30 o xogo do pau comezou a perder importancia. Os motivos son varios: a acción das autoridades policiais, que para evitar loitas sangrentas prohibiron o uso dos paus dentro dos recintos das feiras; a emigración de moitos homens para a cidade ou para o estranxeiro; ou a xeneralización do uso de [[arma de fogo|armas de fogo]], que fixo innecesaria a aprendizaxe lenta e difícil desta técnica de defensa persoal.
[[Ficheiro:Mestre Monteiro.JPG|thumb|100px|right|Bandeira da escola do Ateneu]]
 
En [[Lisboa]], praticábase principalmente a partir do [[século XIX]], un estilo propio, nacido nos quintais da capital e en clubes como o [[Ateneu Comercial de Lisboa]] ou o Real Ginásio, que despois acabou sendo o [[Ginásio Clube Português]], onde aínda hoxe se aprende esta arte. Xorden dúas grandes escolas, diferenciadas tecnicamente e con base en factores histórico-sociais: a Escola do Norte e a Escola de Lisboa (tamén practicada no [[Ribatejo]] e na [[Estremadura, (Portugal)|Estremadura portuguesa]]). Esta última desenvolveu unha serie de innovacións técnicas e pasou a darlle menos importancia ao combate contra varios adversarios.
 
Ao longo da historia do xogo do pau foron moitos os mestres que deixaron a súa sona polas diferentes rexións de Portugal: mestre António Nunes Caçador, mestre Frederico Hopffer, mestre Júlio Hopffer, mestre Joaquim Baú, mestres Calado Campos, pai e fillo, mestre Chula, mestre Custódio Neves, mestre Pedro Ferreira, mestre Elias Gameiro, mestre Nuno Russo, mestre Manuel Monteiro, e unha longa recua. O nome de Mestre [[Pedro Ferreira]] ([[26 de marzo]] de [[1915]] – [[24 de setembro]] de [[1996]]) destaca polo seu extraordinario desenvolvemento técnico, combinando as Escolas do Norte e de Lisboa, que ben coñecía as dúas. Foron discípulos seus moitos dos actuais mestres en activo. Xogou o pau durante toda a vida, con grande habelencia e calidade. Era o [[mestre]] do Ateneu Comercial de Lisboa, se ben nos últimos anos lle pasou a responsabilidade ao mestre Manuel Monteiro, o seu sucesor. [[Ficheiro:Mestre Monteiro e alunos.JPG|thumb|200px|right|Mestre Monteiro e alumnos]]
Liña 23 ⟶ 24:
 
==Ligazóns externas==
 
Vídeos con demostracións do xogo:
* [http://youtube.com/watch?v=0I7FHG-XOgM&mode=related&search= Xogo do Pau - filme 1]