Torrent, Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
 
Limita con [[Aldaia]], [[Alaquàs]], [[Picanya]], [[Catarroja]], [[Alcàsser]] e [[Picassent]] (na Horta); con Montserrat ([[Ribera Alta]]) e con Godelleta e Xiva ([[Foia de Bunyol]]).
 
== Xeografía ==
Capital administrativa da [[Comarcas do País Valenciano|comarca]] valenciana da [[Horta Oest]], atópase a 9km da cidade de [[Valencia - València|Valencia]], aos pés do outeiro de El Vedat, e a 15km do mar. Xunto con outros municipios da comarca, Torrent forma parte da chamada ''Mancomunitat Intermunicipal de l'Horta Sud'', que ten a súa sé neste mesmo municipio.
 
=== Morfología ===
Non hai practicamente montañas importantes en toda a comarca e a únicas montañas do municipio son de pouca altura: El Vedat (142 [[msnm]]), Morredondo (157 m), Barret (142 m), Cap de l'Aranya (228 m) e a Serra Perenxisa (329 m). Unha quinta parte do termo municipal é zona de montaña. Hai que destacar que o municipio é atravesado polo [[Cantil de Torrent]], o cal desemboca no lago da [[Albufera]].
 
=== Vexetación ===
Nas montañas atopamos sobre todo ''[[Pinus halepensis]]'' (piñeiro branco), ''[[Quercus coccifera]]'', ''[[Pistacea lentiscus]]'', gran cantidade de [[gramínea]]s e arbustos e matos de tipo [[esclerófilo]], polo que é o típico coscoxal mediterráneo. O terreo chan foi usado principalmente para a [[agricultura]] e apenas hai vexetación natural nas proximidades do casco urbano.
 
=== Fauna ===
En Torrente hai unha grande diversidade de fauna, sobre todo concentrada nas escasas zonas non habitadas do seu territorio, como algunhas rexións da Serra Perenxisa, é posíbel atopar animais de pequeno tamaño como reptís (eslizón ibérico, dragón común, largartixas, pequenas serpes), fardachos, e algúns outros, en aves atopamos unha gran diversidade, por exemplo gran variedade de paseriformes, e outras aves como garcetas, falconetes, e outros. Atopamos diferentes mamíferos como [[coello]]s, [[lebre]]s, [[raposo]]s, [[Ourizo cacho|ourizos cachos]], [[Xabaril|xabaríns]], ratiños de campo, musarañas e sobre todo [[morcego]]s e algunhas [[xeneta]]s, que foron introducidas fai anos.<ref>[http://www.atorrent.es/senderisme/valencia/brujula/images/intro_05.jpg Fauna de Torrent]</ref>
 
Os invertebrados máis característicos da zona dentro do ''philum mollusca'' son gasterópodos, os máis comúns da rexión valenciana sen ningún endemismo coñecido, atopamos a fauna de invertebrados máis común posible, por exemplo, hai gran cantidade de lombriz de terra, [[alacrán]]s, en concreto o ''Brutus occitanus'', [[araña]]s de diferentes tipos, pero podemos atopar moitas arañas do xénero Argiope, e polo resto sen especificar ''philums'' atopamos [[grilo (insecto)|grilos]], [[cempés]] e [[milpés]], así como [[libeliña]]s e [[bolboreta]]s variadas.
 
=== Clima ===
O clima é de tipo subtropical, correspondente á zona [[Clima mediterráneo|mediterránea]] polo que os invernos son suaves e os veráns calorosos. A temperatura media é de 18C, no inverno oscila entre de 10 e 12°C (aínda que pode chegar aos 0°C nos días máis fríos) e no verán é de 27°C (con picos de ata 40°C).
 
As precipitacións anuais son de 455mm por metro cadrado, chegando aos 700mm os anos nos que se dá no outono a ''gota fría''. As nevadas son episodios infrecuentes, un par de veces cada década, fóra diso as zonas máis elevadas do término municipal.
 
== Etimoloxía ==
Non se sabe cando se orixinou o nome desta cidade aínda que se especula sobre unha posíbel orixe latina. Existen dúas palabras de orixe latino que poderían ser a raíz do topónimo: ''Turritus'' (fortificado) ou ''Torrens'' (rápido, impetuoso, violento).<ref>El nom de Torrent, Quaderns de vida torrentina vol I. Vicent Bequer i Esteve, Cronista de Torrent. 1978.</ref>
 
A primeira vez que aparece escrito é nun documento de [[Xaime I de Aragón|Jaume I]] de 1232, no que se chama ''Vilas de Torrent''.<ref>Documentos de Jaime I de Aragón, vol I (1216,1236). Ambrosio Huici e Desamparados Cabanes. 1976.</ref> ''Torrent'' foi o nome oficial até que no ano 1860 dítase una Real Orden pola cal tódolos nomes de municipios han de traducir os seus nomes ao castelán. Dende ese día comezouse a usar de xeito oficial o topónimo ''"Torrente"''.
 
Dende 1979 volveu a chamarse oficialmente ''Torrent''.<ref>[http://www1.ine.es/intercensal/busquedaMunicipio?numPag=0&opcionDeBusqueda=PorTexto&criterioDelTextoMunicipio=0&textoMunicipio=Torrent&L=0 Instituto Nacional de Estadística] Indícase que anteriormente a 1980 o municipio chamábase Torrente</ref> Dende ese ano os documentos oficiais tanto en [[valenciano]] como en castelán inclúen o nome de ''Torrent''.
 
== Demografía ==
Grazas á súa integración na área metropolitana de Valencia, principalmente coma cidade dormitorio, Torrent presentou un forte medre demográfico dende os anos 50 do [[século XX]], acadando os 75.131 habitantes no año [[2007]]. Un 8,4% dos seus habitantes era, no padrón del 2005, da inmigración.<ref><small>'''Fonte''': Explotación estatística do censo segundo o INE. [http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=%2Ft20%2Fe245&file=inebase&L= Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).]</small></ref>
 
{| {{taboabonita}}
!bgcolor=black colspan=20 style="color:white;"|Evolución demográfica de Torrent<ref><small>'''Fonte''': Poboación de feito segundo o INE. [http://www.ine.es/intercensal/index Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842,] [http://www.ine.es/inebase2/leer.jsp?L=0&divi=DPOP&his=0 Series de poboación dos municipios dende 1996.] </small></ref>
|-
![[1857]] !![[1900]]!! [[1910]] !! [[1920]] !! [[1930]] !! [[1940]] !! [[1950]] !! [[1960]] !! [[1970]] !! [[1981]] !! [[1991]] !! [[1996]] !! [[2001]] !! [[2006]] !! [[2007]]
|-
| align=center| 6.092||align=center| 8.561||align=center| 9.490|| align=center| 9.952||align=center|10.443|| align=center| 13.586|| align=center| 15.974|| align=center| 24.042 || align=center| 39.724|| align=center| 51.361|| align=center|56.191|| align=center|56.564 || align=center|65.538 || align=center| 74.616|| align=center| 75.131
|}
 
[[Imagen:Habitantestorrent.svg|400px]]
 
== Monumentos ==
=== Monumentos relixiosos ===
* '''Ermita de Sant Lluís Beltran'''. Construída en [[1634]], sufriu moitas modificacións, até na guerra de 1936-39 vai estar destinada a usos militares e posteriormente foi restaurada.
* '''Església de l'Assumpció de Nostra Senyora'''. Erixida en estilo gótico en [[1590]] sobre a orixinal, máis pequena, do [[século XIII]]. En [[1697]] foi restaurada ao gusto barroco da época e en [[1940]] sufriu a darreira intervención. Aloxa obres de Ribalta (1565-1628), Andreu Robles, Esteve i Pere Mora entre outros.
 
=== Monumentos civís ===
* '''El Liceu''' . Edificio modernista que serviu de cinema e actualmente aloxa oficinas da administración estatal.
* Acuedutos dos '''Arquets de Dalt''' e os '''Arquets de Baix''', da época árabe, no Paraxe Natural da Serra Perenxisa.
* '''Modernisme'''. Repartidos polo núcleo antigo vense edificios, fontes e outros monumentos deste movemento artístico de principios do século pasado.
* '''Poboado e cemiterio mudéxares''' da Carrasquera.
 
== Lugares de interese ==
* '''L'Hort de Trènor'''. Erixido en [[1596]] coma Convento de Franciscanos Alcantarins, sufriu diversas vicisitudes que desembocaron na inauguración, o [[18 de marzo]] de [[1894]], dun parque municipal onde a debido á exuberancia do seu xardín, atopen espazo diversas actividades educativas, medioambientais e lúdicas.
* '''Paraxe Natural Municipal da Serra Perenxisa'''.
 
== Cultura ==
Torrent ten unha variada oferta cultural tanto oficial como asociativa.
 
No aspecto musical destacaremos as sociedades musicais:
 
* '''Banda del Cercle Catòlic de Torrent'''.
* '''Banda Sinfònica Unió Musical de Torrent''' fundada no [[1973]].
 
== Personajes Relevantes ==
* '''Pau Alabajos i Ferrer''' é un cantautor da nova fornada de música en valenciano aparecida a principios do [[século XXI]].
* '''Anabel Medina,''' tenista, medalla de prata en dobres nos Xogos Olímpicos de [[Beijing]] [[2008]].
 
==Referencias==
{{Referencias}}
 
[[Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana]]