Hórreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
==Orixe==
[[Imaxe:Hórreo de madeira en Mandaio 140eue.JPG|thumb|left|Hórreo en [[Mandaio, Oza, Betanzos|Mandaio]] ([[Oza, Betanzos|Oza]], [[Betanzos]]).]]
Os hórreos teñen unha orixe anterior á [[Cultura Castrexa|época castrexa]] en construcións suspendidas formadas por varas entretecidas: [[palafito|palafitos]] lacustres do neolítico. A primeira referencia escrita relacionada con este tipo de graneiras remóntase ao [[século -I|século I]] antes de Cristo. A imaxe gráfica máis antiga do hórreo é do [[século XIII]] e aparece nas ''[[Cantigas de Santa María]]'' de [[Afonso X]] o Sabio. A palabra '''hórreo''' vén do latín ''horreum'', "graneiro", pero estas construcións reciben moitos nomes segundo as comarcas: '''paneiras''' ou '''piornos''' ([[Salnés]]), '''canastros''' (Ourense), '''graneiras''', '''cabanas''', '''canizos''', '''sequeiros''', '''caroceiros''', '''cabazos''' ([[Serra do Faro]]), '''cabozos''' ([[A Mariña]]), '''cabasos''' ([[Costa da Morte]]), '''cabaseiras''' (Costa da Morte), '''cabaceiras''' (Ourense), '''celeiros''', '''canizos''' ([[Val Miñor]]), etc.
 
Foi no [[século XVIII]], coa introdución do millo, cando os hórreos teñen o seu momento de expansión, facéndose numerosos por toda Galiza. A súa construción fíxose segundo a tipoloxía de aldea ou caserío, apegado á casa ou illado do núcleo, por separado ou veciño doutras construcións semellantes. Até o [[século XVII]] eran de madeira e de pequenas dimensións mais, coa introdución do [[millo]], os hórreos alónganse e melloran a súa ventilación, pois anteriormente as paredes construíanse con fiadas de pedra de labra tosca. A construción de hórreos aumenta a partir de mediados do XIX co arroteamento de terras, a aparición de novos métodos de cultivo e, xa no século XX, co uso de maquinaria.