Hórreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
+ligazón
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:Carnota 084.JPG|thumb|300px|Hórreo de [[Carnota]]]]
O '''hórreo''', '''cabazo''', '''cabaceiro''', '''cabaceira''', '''canastro''' ou '''piorno''' é seguramente a construción popular galega máis coñecida e estendida polo rural galego e outras zonas do norte ibérico, coma no norte de [[Portugal]], [[León]], [[Asturias]] e testemuñalmente mesmo en [[Cantabria]] e [[Euskadi]]. Esta [[construción adxectiva]] está destinada na súa orixe a secar, gardar e en xeral conservar o [[millo]] antes de o mallar, entre outros froitos, e protexelo do ataque dos ratos. Cómpre destacar tamén o simbolismo económico que tiñan anteriormente: a maior lonxitude do hórreo, maior a riqueza do dono ou dona. Os hórreos reflicten o poder da [[fidalguía]] e o [[clero]].
 
O hórreo galego é moito máis que todo iso. É un complemento imprescindíbel da casa labrega, expoñente da súa capacidade produtiva e signo externo das posibilidades económicas das propietarios da mesma; é verdadeira e interesante mostra de arquitectura popular, con frecuencia portadora dunha maior riqueza contrutiva que o resto da facenda; é un elemento fundamental na paixase rural, integrado nela como parte esencial e viva da aldea. É un feito realmente excepcional atopar un lugar sen hórreos.