Borrasca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Image:Low pressure system over Iceland.jpg|thumb|250px|Borrasca situada na costa surestede Islandia]]
 
É unha zona onde a [[presión atmosférica]] é inferior que a da rexión circundante. As borrascas asócianse xeralmente con ventos fortes e elevación atmosférica. Esta elevación soe producir ceos cubertos, por mor do '''declive térmico''' cando o aire se satura, e poden minimizar a temperatura diurna tanto no verán coma no inverno. Isto prodúcese pola entrada de menos radiación solar de onda curta e temperaturas máis baixas, xa que as nubes reflexan a luz solar. Pola noite, o efecto de absorción das nubes na radiación de onda longa, coma o calor da superficie, permite que as temperaturas diúrnas sean máis frescas en tódalas estacións do ano.
 
As borrascas frontais son un fenómeno da zona templada, e desenrólanse ó longo de [[frontes polares]] como resultado da interacción entre as masas de aire frío e quente.
 
Os sitemas de baixa presión na superficie tenderán a ser pequenos en área e ter ventos en superficie máis fortes ca un sistema anticiclónico, debido á suma de fricción en superficie á forza do [[gradiente de presión]], [[forza centrífuga]] e o [[efecto de Coriolis]] que controlan a circulación.
 
Nos desertos, a ausencia de humidade e plantas en superficie que normalmente proporcionarían refrixeracións por evaporación pode levar a un aumento rápido e intenso da calor solar en capas baixas do aire. O aire quente é menos denso que o frío do redor. Isto, combinado coa elevación de aire quente, resulta nunha borrasca aillada, denominada [[baixa termal]].
 
Cando unha fronte fría crúzase co aire quente queda xirando nesa zona, aínda que en ningún caso chegan a mesturarse. O sentido do xiro das borrascas no hemisferio norte é igual có das agullas do reloxo. Pola contra, no hemisferio sur, entre os 30º e 60º xiran en sentido contrario.
 
Unha vez se forman as borrascas no hemisferio norte, avanzan cara o este.