Lucas Labrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ datos
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
'''Lucas José de los Dolores Labrada Romero''' (nado en [[Ferrol]] o [[18 de outubro]] de [[1762]] e falecido na [[Coruña]] en agosto de [[1842]]), foi un [[Ilustración|ilustrado]] galego, autor dunha descrición económica da [[Galiza]].
 
En 1784 era empregado do [[Real Consulado da Coruña]], obtendo en 1787 a praza de porteiro da mesma institución. En 1790 presenta un ''Plan de gobierno de los porteros'' e auxilia ao enxeñeiro de obras do Consulado. Despois ocupa durante catro anos a secretaría do organismo de xeito interino. Máis tarde intentou acceder, sen éxito, á [[cátedra]] de [[Matemáticas]] da [[USC|Universidade compostelana]]. En 1802 accedeu ao posto, xa fixo, de secretario do Real Consulado.