Pregamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 13:
Deste xeito os pregos soen ubicarse sobre as coberturas sedimentarias porque son practicamente as únicas capaces de respostar plasticamente ós esforzos tectónicos xerados.
 
Os pregos orixínanse a partir de ''fenómenos comprensivos, de levantamento ou de gravidade.'' Atópanse a tódalas escalas, dende tan só uns centímetros, ata abarcar superficies de centenares de kilómetros.
 
 
Liña 42:
Os pregos básicos son os '''anticlinais''' e os '''sinclinais'''; a diferencia entre eles ven dada polo tipo de materiais que conforman o seu núcleo; segundo sexan máis antigos ou máis modernos que os que se ubican nos seus [[flancos]]. Os primeiros adquiren unha morfoloxía cóncava e os segundos unha forma convexa.
 
Atendendo a súa xeometría diferenciamos os pregos '''simétricos''' e os '''asimétricos''' segundo se o plano axial o divide en dúas partes iguais ou non. Cando o plano axial aparece vertical orixínanse os pregamentos '''rectos''', onde a charnela e o eixo do plano coinciden. No caso inverso dise que presentan verxencia cara un lado ó ser asimétricos. En relación ó ''grao de verxencia'' atopamos:
 
-'''Pregamentos inclinados''': aqueles que posúen os flancos co buzamento oposto pese a inclinación do plano axial.
 
-'''Pregamentos volcados''': cando os flancos que o constitúen caracterízanse por menter o buzamento sempre na mesma dirección e cunha inclinación inferior ós 45 º.
 
-'''Pregamentos tumbados''': similar ó caso anterior pero coa inclinación maior ós 45º.
 
-'''Pregamentos volcados''': pregos que se aproximan á horizontal.
 
A diferenza litolóxica entre os diversos estratos tamén ocasiona unha diversidade de comportamentos fronte a un mesmo pregamento. A alternacia entre estratos ríxidos ou competentes con outros de maior plasticidade ou incompetencia poden chegar a orixinar varicións na curvatura e espesor dos estratos dun mesmo prego; de feito, o tipo de pregamento dunha capa específica depende do contraste de rigidez entre ela e a masa de rocha que a rodea. Os dous casos extremos o constituen os pregamentos isópacos, que corresponden a un contraste de rixidez elevada e cos estratos preservando o seu grosor orixinal, e anisópacos, nos que o contraste é nulo e os estratos fóronse deformando como consecuencia de adelgazamentos y engrosamentos. Normalmente os pregos son o resultado dunha situación intermedia entre estes dous tipos. Os pregos isópacos (ou paralelos) orixínanse por flexión e deslizamento entre os seus estratos; caracterízanse porque todas as súas capas conservan o espesor en calquera punto por igual. Os pregos anisópacos ou similares orixínanse por medio dunha flexión e un efecto de cizalla; neles o espesor dun estrato únicamente conservase na dirección paralela á do plano axial e para elo requiere a migración de materia dende os flancos que adelgazan cara a charnela que sofre un paulatino engrosamento, tanto maior canto máis cerrados sexan os pregamentos. Neste último caso o desprazamento no interior de cada estrato é moito maior que no dos pregos isópacos; isto explica que nun medio estratificado as capas máis competentes tendan a desenrolar pregos isópacos mentras que as máis incompetentes pregamentos anisópacos.