Pregamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: = Pregamento = Estructura xeolóxica que aparece como resultdo dunha '''deformación continua e progresiva dos materiais rochosos sedimentarios e estratificados''' que aparecen sobre...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2009 ás 16:06

Pregamento

Estructura xeolóxica que aparece como resultdo dunha deformación continua e progresiva dos materiais rochosos sedimentarios e estratificados que aparecen sobre a superficie terrestre.

Orixe e formación

As dúas situacións necesarias para que dita forma xérese son:

-A intensicade dos fenómenos comprensivos de orixe tectónico ha ser tal que logre pór en movemento ós materiais.

-Os materias deben posuir a a plasticidade necesaria para tender a abombarse ou ondularse sen chegar á fracturación.

Deste xeito os pregos soen ubicarse sobre as coberturas sedimentarias porque son practicamente as únicas capaces de respostar plasticamente ós esforzos tectónicos xerados.

Os pregos orixínanse a partir de fenómenos comprensivos, de levantamento ou de gravidade. Atópanse a tódalas escalas, dende tan só uns centímetros, ata abarcar superficies de centenares de kilómetros.

Elementos dun prego:

Podemos diferir os seguintes elementos constitutivos básicos:

-Charnela: fai referencia á liña de intersección do plano axial coa capa máis externa do prego. É a liña que une os puntos de maior inflexión entre dúas capas, que separa dos flancos.

-Flanco: trátase das partes do prego localizadas a un e outro lado respecto do plano axial. Son porcións do prego ubicadas entre as charnelas.

-Plano axial: aquel que contén todas as charnelas correspondentes ás distintas capas do prego. Trátase do plano de asimetría do prego e a súa dirección coincide coa deste.

-Eixo do prego: intersección do plano axial coa superficie do terreo.

-Cresta do prego: punto culminante do prego; liña axial máis elevada do prego.

-Surco do prego: punto máis deprimido ou afundido.

-Amplitude dun prego: defínese do mesmo xeito cá amplitude dunha onda, como a distancia entre a cresta e un surco sucesivo.

-Buzamento: define a inclinación dos flancos que compoñen o pregamento respecto ó plano axial; poden variar entre un flanco e outro e é nulo na charnela.

CLASIFICACIÓN

Os pregos básicos son os anticlinais e os sinclinais; a diferencia entre eles ven dada polo tipo de materiais que conforman o seu núcleo; segundo sexan máis antigos ou máis modernos que os que se ubican nos seus flancos. Os primeiros adquiren unha morfoloxía cóncava e os segundos unha forma convexa.

Atendendo a súa xeometría diferenciamos os pregos simétricos e os asimétricos segundo se o plano axial o divide en dúas partes iguais ou non. Cando o plano axial aparece vertical orixínanse os pregamentos rectos, onde a charnela e o eixo do plano coinciden. No caso inverso dise que presentan verxencia cara un lado ó ser asimétricos. En relación ó grao de verxencia atopamos:

-Pregamentos inclinados: aqueles que posúen os flancos co buzamento oposto pese a inclinación do plano axial.

-Pregamentos volcados: cando os flancos que o constitúen caracterízanse por menter o buzamento sempre na mesma dirección e cunha inclinación inferior ós 45 º.

-Pregamentos tumbados: similar ó caso anterior pero coa inclinación maior ós 45º.

-Pregamentos volcados: pregos que se aproximan á horizontal.

A diferenza litolóxica entre os diversos estratos tamén ocasiona unha diversidade de comportamentos fronte a un mesmo pregamento. A alternacia entre estratos ríxidos ou competentes con outros de maior plasticidade ou incompetencia poden chegar a orixinar varicións na curvatura e espesor dos estratos dun mesmo prego; de feito, o tipo de pregamento dunha capa específica depende do contraste de rigidez entre ela e a masa de rocha que a rodea. Os dous casos extremos o constituen os pregamentos isópacos, que corresponden a un contraste de rixidez elevada e cos estratos preservando o seu grosor orixinal, e anisópacos, nos que o contraste é nulo e os estratos fóronse deformando como consecuencia de adelgazamentos y engrosamentos. Normalmente os pregos son o resultado dunha situación intermedia entre estes dous tipos. Os pregos isópacos (ou paralelos) orixínanse por flexión e deslizamento entre os seus estratos; caracterízanse porque todas as súas capas conservan o espesor en calquera punto por igual. Os pregos anisópacos ou similares orixínanse por medio dunha flexión e un efecto de cizalla; neles o espesor dun estrato únicamente conservase na dirección paralela á do plano axial e para elo requiere a migración de materia dende os flancos que adelgazan cara a charnela que sofre un paulatino engrosamento, tanto maior canto máis cerrados sexan os pregamentos. Neste último caso o desprazamento no interior de cada estrato é moito maior que no dos pregos isópacos; isto explica que nun medio estratificado as capas máis competentes tendan a desenrolar pregos isópacos mentras que as máis incompetentes pregamentos anisópacos.