Segunda guerra carlista: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m en pasado |
m cambio palabra |
||
Liña 1:
A '''Segunda Guerra Carlista''' ou '''guerra dos Matiners''' tivo lugar fundamentalmente en [[Cataluña]] entre [[1846]] e [[1849]] ao fracasar os intentos de casar a [[Isabel II de España|Isabel II]] co pretendente carlista, [[Carlos Luís de Borbón]] e en Cataluña persistiran bandas carlistas que non se renderan tras a fin da [[Primeira Guerra Carlista]], aínda que actuaban máis como bandoleiros (''trabucaires'') que como guerrilleiros, ao que se ten que xuntar a crise agraria e industrial de 1846, especialmente importante en Cataluña e algunhas reformas impopulares do réxime liberal como as quintas, o imposto de consumos e a introdución dun sistema de propiedade liberal que entraba en contradición cos usos comunais. <br>
A rebelión desenvolveuse dende fins de 1846, cando se formaron diversas partidas guerrilleiras que non sobrepasaban os 500 homes a comezos de 1847 e que atacaban fundamentalmente a funcionarios públicos e a unidades militares. O líder máis importante deste primeiro momento foi o sacerdote [[Benet Tristany]], que en febreiro de [[1847]] protagonizou a entrada en [[Cervera]] para facerse con fondos e munición. A Tristany capturárono e fusilárono en Solsona en maio de 1847, pero o número de partidas carlistas aumentou en toda Cataluña chegando a uns 4.000 homes armados a fins dese ano fronte a un exército regular formado por 40.000 soldados que dirixía Manuel Pavía e que tentou mediante medidas
[[Category:Guerras]]
|