Mordor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Engado imaxe e desprazo a xa existente
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Mordor.gif|thumb|400500|Mapa de Mordor]]
'''Mordor''' (en [[sindarin]] "país negro") é un país ficticio da [[Terra Media]], o universo de ficción de [[J. R. R. Tolkien]]. Foi a rexión onde se refuxiou o Señor Escuro [[Sauron]] ata a conclusión da [[Guerra do Anel]], no ano 3019 [[Terceira Idade (Tolkien)|TI]]. É a terra do mal por excelencia na obra de Tolkien.
 
Liña 8:
 
A súa [[xeografía]] componse principalmente de tres tipos de terreo [[volcánico]]: A Meseta de [[Gorgoroth]], as Chairas de Lithlad (''Chaira de cinza'') na zona de Nurn, e as enormes murallas montañosas formadas por dúas grandes cordilleiras que se unen nun ángulo ó noroeste, e que dan a Mordor a forma de, máis ou menos, un cadrado aberto polo lado oriental. A muralla pétrea setentrional son as [[Ered Lithui]] (ou Montañas de Cinza) e a occidental componse dos internos [[Morgai]] e os externos [[Ephel Dúath]] (ou Montañas da Sombra), unha dobre cordilleira ca cara externa e interna separadas unha doutra por fallas, segundo Fonstad.
[[Imaxe:Mordor.jpg|thumb|250|Escenario de Mordor nos filmes de Peter Jackson]]
 
O punto de unión das Ered Lithui cas Ephel Dúath áchase no vértice noroccidental. Ese lugar coñécese como [[Cirith Gorgor]] (''o Paso dos Espectros'') e é alí onde se encontra o [[Morannon]], a ''Porta Negra'' de Mordor. Tanto as Ered Lithui por un lado como as Ephel Dúath polo outro, posúen bifurcacións montañosas que se adentran en Gorgoroth. Unha delas procede das Ered Lithui, que se achega a [[Orodruin]], e logo hai dúas máis, máis ó leste, procedendo unha delas das Ered Lithui e a outra do Morgai-Ephel Dúath; estas dúas últimas, case uníndose no centro de Mordor, limitan polo leste e o sur a meseta de Gorgoroth, separándoa de [[Nurn]], o Mordor sudoriental.
[[Imaxe:Mordor.jpg|thumb|250300|Escenario de Mordor nos filmes de Peter Jackson]]
 
Nun voo aéreo, entrando polo Morannon, poderíase percorrer Cirith Gorgor ata o val de [[Udûn]], presumiblemente unha antiga caldeira volcánica (producida polo afundimento dalgún antigo volcán, un coloso máis alto có [[Everest]]), segundo [[K. W. Fonstad]]; seguir logo a través do paso da Gorxa de Ferro, e chegar á inmensa meseta de Gorgoroth.