Movemento pola Base: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 37:
Neste contexto un grupo de militantes da [[UPG]] (partido integrante do BNG) e da [[CIG]] de [[Ferrol]], [[Santiago de Compostela|Santiago]] e [[Vigo]] abandonaron a UPG e comezaron unha nova organización. Entre eles estaban Antolín Alcántara, Fermín Paz, [[Manuel Mera]] e Ramiro Oubiña, que formaban parte da Executiva da CIG. Despois incorporáronse tamén membros de [[Isca]] e outros militantes do BNG.
 
A primeira acción pública do MpB (Movemento pola Base) foi a presentación dunha candidatura ao Consello Nacional na XII Asemblea Nacional do BNG encabezada por Fermín Paz e Paula Castro que acadou 245 votos (9,32%) e 5 representantes. Nesta Asemblea Nacional do BNG o MpB criticou o que consideraba a deriva ideolóxica do BNG e a perda do mecanismo asambleario na toma de decisións da fronte. O día [[28 de outubro]] de [[2007]] constituíuse formalmente como organización política, e definiuse como unha "organización da clase traballadora" que avoga pola independencia de Galiza e "pola superación do capitalismo coa construción do poder popular no camiño da sociedade [[socialismo|socialista]]". Entre os meses de decembro de [[2008]] e xaneiro de [[2009]] esta corrente fragmentouse entre aqueles partidarios de crearen unha nova formación política á marxe do [[BNG]] e os que avogaban por seguir dentro desa fronte. Tamén foi un elemento importante na división o papel do MpB dentro dana CIG e as súas relacións coa UPG dentro desta central sindical. As dúas faccións reivindicaron a súa lexitimidade e o uso da denominación Movemento pola Base.
 
==Véxase tamén==