Ricardo Mella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
O contido da páxina foi eliminado
m Desfixéronse as edicións de 77.12.204.50 (conversa); cambiado á última versión feita por Prebot
Liña 1:
[[Ficheiro:Ricardomella.png|framed|Ricardo Mella Cea]]
'''Ricardo Mella Cea''', ([[Vigo]], [[1861]]-[[7 de agosto]] de [[1925]]), foi un dos primeiros escritores, intelectuais e activistas libertarios de [[España]]. Caracterizouse por ser un estudioso e crítico de variados temas, así como falante e tradutor de [[Lingua inglesa|inglés]], [[Lingua francesa|frances]] e [[Lingua italiana|italiano]].
 
==Biografía==
Ricardo Mella naceu na [[Gamboa]], [[Vigo]]. Fillo de Dolores Cea Fernández e de José Mella Buján, sombreireiro e militante do republicanismo federal, que influenciou ao seu fillo maior o respecto polos ideais republicanos e democráticos e mais a admiración por [[Francesc Pi i Margall]]. Ingresou moi novo Mella no partido deste político, do que chegou a ser secretario, e destacando xa na sua defensa do estatuto republicano federalista, ollando para autonomía política e administrativa de [[Galicia]].
 
Traballou na sua mocidade nunha axencia marítima do seu Vigo natal, que xa daquela estaba a experimentar unha transformación e expansión considerable, coma cidade mercantil e industrial. Comezou o seu traballo periodístico no diario "La Verdad", xornal portavoz do mais extremo republicanismo, que apoiaba de raíz a loita do [[proletariado]] galego, o que valeulle unha causa por inxurias do Marques [[José Elduayen]], político [[Cánovas del Castillo|canovista]] e represante local do poder central do goberno de [[Sagasta]]. En abril de [[1881]] foi condenado pola Audiencia Provincial a 4 anos e 3 meses de desterro e multa de 625 pts., conmutada posteriormente a 3 anos e 7 meses en [[1882]]
:::Era federal a los 22 años, la ''Revista Social'' me decidío por el anarquismo. ''Ricardo mella, La Revista Blanca'' 1902
 
Fundou en [[Vigo]] ''La Propaganda'', publicación federalista de marcado caracter obreirista, que mantívose catro anos de [[1881]] a [[1885]]. O xornal foi presentado no congreso sindical de [[Barcelona]] onde se fundou a [[Federación de Trabajadores de la Región Española]], dando un xiro do republicanismo socialista ao [[anarquismo]], cambio que foi seguido con ledicia por Mella. Poucos dias denantes de recoller a sua condena, asistiu en [[Sevilla]] ao 2º congreso da Federación (24 a 26 de setembro de 1882), onde coñeceu a [[Juan Serrano Oteiza]], coñecido anarquista de [[Madrid]] e editor da ''Revista Social''.
 
Trasladouse a [[Madrid]] a cumprir a condena imposta, renovando o contacto con Juan Serrano, casandose logo coa filla deste, [[Esperanza Serrano Rivera]], ca que tivo 12 fillos. Foi nesta época ([[1884]]) cando traduce o libro ''Dios y el Estado'' de [[Bakunin]], colaborando ca ''Revista Social'' e mais coa publicación mensual ''[[Acracia]]'' de [[Barcelona]] e co xornal barcelones ''El Productor''.
 
Aconsellado polo seu sogro, estudou [[topografía]], gañando unha oposición e trasladándose a [[Andalucía]] para exercela; onde tomou contacto cos ambientes libertarios da época, que se opoñian ao latifundismo gobernamental ao que estaban suxeitos os campesiños, aprendendo deles a sua grande capacidade de propaganda, e rexeitando a sua violencia. Durante a sua estancia en [[Sevilla]], fundou o xornal ''La Solidaridad'' entre outros.
 
En [[1895]] voltou a [[Vigo]], mais por pouco tempo, xa que foi chamado polo seu traballo a [[Pontevedra]], para colaborar co tendido do [[ferrocarril]]. Na capital da provincia tratou os redactores da ''Unión Republicana'' e escribiu pra ''El Progreso'' de [[Madrid]] y ''El Corsario'' de [[A Coruña]], desde onde denunciou os fusilamentos de anarquistas de [[Montjuic]].
 
O seu traballo de [[Topografía|topógrafo]] levouno a [[Asturias]], onde comezou un período de silencio, ante as graves divisións do [[anarquismo]] da época. Porén deixou sona naquela terra através do seu primeiro biógrafo [[Pedro Sierra]] e mais de [[Eleuterio Quintanilla]].
 
Volveu escribir nos xornais a raíz da semana tráxica de [[1909]], desta vez nas páxinas de ''Acción Libertaria'' de [[Xixón]] e [[Vigo]] e ''El Libertario'', onde, segundo Pedro Sierra estan as mellores liñas que produciu coa sua pluma. Foi tamén neste ano cando voltou a [[Vigo]], chamado para a construción das liñas de tranvías da cidade de [[Vigo]], dos que o seu remate, foi nomeado Director-Xerente.
 
Dende este momento e até a sua morte, deixou a militancia activa e as colaboracións nos xornais, dedicándose de cheo ás suas labores profesionais, mais aínda en [[1911]] asistiu en representación de [[Asturias]] ao congreso da [[Confederación Nacional do Traballo]]. O seu pasamento constitue a maior mostra de dor público que se veu na época, deténdose os tranvías e mais toda a cidade, nunha demostración do alto respecto que acadou na sua vida de calada loita. Fica enterrado do cemiterio de [[Pereiró]], nun mausoleo feito polo escultor [[Francisco Asorey|Asorey]] e pagado por colecta publica.
 
Escribiu mais de trinta ensaios ao longo da sua vida, sendo moitos deles premiados internacionalmente, e sendo traducido ao italiano, holandés, francés, inglés e portugués. O peso do sindicalismo revolucionario da [[CNT]] dos primeiros tempos procede das suas teses, nas que se reflectían os seguintes preceptos básicos:
:::*Todos os homes teñen necesidade de desenvolvemento físico e mental en grao e forma indeterminada.
:::*Todos os homes teñen o dereito de satisfacer con liberdade esta necesidade de desenvolvemento.
:::*Todos os homes poden satisfacela polo medio da cooperación o comunidade voluntaria.
 
==Obras==
===Artigos e ensaios===
*''El Problema de la emigración en Galicia'', monografía
*''Diferencias entre el comunismo y el colectivismo'', monografía
* "La reacción y la revolución", artigo publicado na revista ''[[Acracia]]'' de Barcelona
* "La Anarquía no admite adjetivos", publicado en ''La Solidaridad''
*''Breves apuntes sobre la naturaleza humana''
*''La Nueva utopia''
*''El colectivismo''
*''Organizacvión, agitación y revolución''
*''El crimen de Chicago'', reseña historica
*''La ley del número'', sobor ficción democrática
*''A los campesinos''
*''En defensa de la anarquía''
 
===Libros===
*''Lombroso y los anarquistas''
*''Plumazos'', escolma de artigos.
*''Ideario''
 
===Traducións===
*''Dios y el estado'' de [[Bakunin]]
*''La anarquía'' de [[Errico Malatesta]]
*''La ciencia moderna y el anarquismo de [[Peter Kropotkin]]
 
===Bibliografía===
*José Alvarez. ''La ideologia política del anarquismo español, 1868,1910''. Madrid, Siglo XX, 1976
*Correspondencia dirixida por Ricardo Mella a José Mª de Sucre. (Fondo documental de ''El Ateneu Enciclopedic Popular'')
*''Breves apuntes sobre las pasiones humanas'' Barcelona, Tusquets, 1976
*Victor Manuel Arbeloa ''La Prensa obrera en España (1869-1899)'' Madrid, publicacions do Ministerio de Traballo, 1970
*Juan José Morató ''Lideres del movimiento obrero español'' Madrid,1972
 
[[Categoría:Escritores de Galicia|Mella Cea, Ricardo]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá|Mella Cea, Ricardo]]
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia|Mella Cea, Ricardo]]
[[Categoría:Personalidades galegas do anarquismo|Mella Cea, Ricardo]]
 
[[ast:Ricardo Mella]]
[[ca:Ricardo Mella Cea]]
[[es:Ricardo Mella]]
[[fr:Ricardo Mella]]