Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
aínda está incompleto
 
Rocastelo (conversa | contribucións)
m corrixo erro
Liña 1:
{{enuso}}
Tras a proclamación da República en [[España]] o [[14 de abril]] de [[1931]], logo dos resultados favorables aos candidatos republicanos nas eleccións municipais do [[12 de abril]], o goberno provisorio convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o [[28 de xuño]] de 1931.<br>
O sistema electoral rexíase polo decreto do 8 de maio de 1931, que establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. As circunscricións electorais eran as provincias e as cidades con máis de 100.000 habitantes e tiñan dereito ao voto con homes maiores de 25 anos. O control do proceso estaba en mans das xuntas municipais, que presidía o xuíz municipal e que formaban persoas promientesprominentes do concello, e as xuntas provinciais do censo, que presidía o presidente da Audiencia Territorial ou da Audiencia Provincial.<br>
A [[provincia da Coruña]] elixía 16 deputados, a [[provincia de Lugo]] 10 deputados, a [[provincia de Ourense]] 9 deputados e a [[provincia de Pontevedra]] 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 47 deputados.<br>
Para concorreren ás eleccións os principais partidos republicanos e os de esquerda coaligáronse para obteren os deputados reservados ás maiorías, mentres polo bando da dereita formaban candidaturas de independentes que posteriormente acabarían integrándose na [[CEDA]].