Panteón de Galegos Ilustres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
engado información
Lameiro (conversa | contribucións)
un datiño máis
Liña 6:
O seguinte foi [[Alfredo Brañas]], en [[1900]], colocado fronte a Rosalía. En [[1961]] foi enterrado o escultor [[Francisco Asorey]], o chamado ''escultor da raza'', inhumado directamente no Panteón, e o 12 de agosto de [[1967]], [[Ramón Cabanillas]], que foi trasladado desde o cemiterio de [[Cambados]].
 
O 28 de xuño de [[1984]] o Panteón recibiu os restos do político, escritor e debuxante [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]], que fora trasladado desde [[Bos Aires]] onde morreu en [[1950]]. O seu mausoleo atópase nunha capela anexa á principal, a do Santo Cristo, que é a máis antiga da igrexa.
 
Finalmente, en [[1988]] foi enterrado o intelectual e cartógrafo [[Domingo Fontán]], trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.